Páxinas

29 abril, 2021

OS CONTOS CLÁSICOS AXÚDANOS A PENSAR

Os contos clásicos son o centro da nosa Semana de Animación á Lectura deste ano, e sobre eles están xirando todas as actividades realizadas. 

Ademais de recordar estas historias, historias de sempre, que todos e todas coñecemos, nos cursos de 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria quixemos ir un pouquiño máis alá e facer pensar aos nosos pequenos e pequenas. 

En Educación Infantil o conto que traballamos foi o "Os tres porquiños" e tras lembrar o orixinal, tamén traballamos outra contraversión na que o lobo non era tan malo e o único que quería era acercarse aos porquiños para invitalos a unha festa... 

Porque ás veces, o lobo non é tan malo, e en todas as historias sempre hai dous puntos de vista...


Soplando como lobos.


En 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, o conto que traballamos foi o de "Carrapuchiña Vermella" e tras lembrar o orixinal, volvemos falar sobre os diferentes puntos de vista coa lectura da contraversión "El lobo de los cuentos"





En 4º e 5º de Educación Primaria lembraron "O patiño feo" e despois conversaron sobre a súa vida tras converterse nun precioso cisne. A presión social sobre o físico, os seguidores que acosan cando eres demasiado coñecido... 

Toda esta historia que leron no libro "El patito feo y sus fieles seguidores" e que lles axudou a reflexionar sobre moitos temas que empezan a preocuparlles como o seu físico, o que pensen os demais deles, como isto lles afecta...