26 outubro, 2021

VIAXAMOS A TRAVÉS DA LECTURA

Con motivo da actividade preparada para celebrar o Día da Biblioteca, os nenos e nenas de Educación Primaria xa están explorando de cheo os códigos QR en busca de novos libros para ler. 

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasan!












24 outubro, 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS - 24 DE OUTUBRO

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, e polo tanto é o día da nosa Nenoteca. 

Por esta razón, o equipo de biblioteca preparou case un cento de recomendacións para todos os nenos e nenas do noso cole. Trátase de recomendacións lectoras que nos farán viaxar polo mundo xa que son libros escollidos para coñecer as diferentes partes do planeta. 

No edificio de Educación Infantil poderedes atopalas na entrada do cole, e no de Educación Primaria estarán na Nenoteca, para que os nenos e nenas poidan acceder a eles cos seus dispositivos electrónicos. 

Para descifralas tan só necesitades un lector de códigos QR e ganas de viaxar. Estades preparados?



15 outubro, 2021

A BIBLIO NOS PROXECTOS

Como cada trimestre, a biblioteca escolar realiza un préstamo de libros a cada clase con títulos relacionados coa temática do proxecto. 

Neste trimestre os libros xa están en cada aula e os pequenos e pequenas desfrutando deles. 





01 outubro, 2021

PRÉSTAMO NA BIBLIO

Seguindo todas as medidas de seguridade que a Covid nos trouxo, neste mes de outubro comenzamos o préstamo de libros na biblioteca, tal e como estaba programado. 

No tempo de lectura diario, os encargados previamente seleccionados e organizados polo Equipo de Bilioteca, xestionan o préstamo de libros entre os nenos e nenas do colexio, e deste xeito a nosa biblioteca permanece aberta a todos.