Un ano máis chega o Día de Rosalía e desde a biblioteca queremos lembrar a súa figura e honrar o seu legado.
24 febreiro, 2025
23 febreiro, 2024
DÍA DE ROSALÍA
Ao longo desta semana celebramos a Rosalía, xa que hoxe é o seu día.
Desenvolvéronse actividades variadas na materia de Lingua Galega e deixamos por aquí algunhas fotos de todas elas, como evidencia do traballo realizado.
06 marzo, 2023
A vida de Rosalía de Castro... con marionetas!
A pasada semana, a Nenoteca foi un dos espazos escollidos para levar a cabo diferentes actos conmemorativos do Día de Rosalía, organizados todos eles polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro.
Neste ocasión, as alumnas e alumnos de primeiro e segundo curso puideron desfrutar dun pequeno teatro de títeres representado polos compañeiros/as de sexto, descubrindo dun xeito lúdico numerosos e diferentes aspectos sobre a vida e obra desta autora, considerada como unha das figuras máis importantes da nosa literatura.
23 febreiro, 2022
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe, 23 de febreiro, lembramos a Rosalía no seu día.
Desde o Equipo de Normalización Lingüística organizáronse diversas actividades que tiveron a Nenoteca como centro de operacións.
Deixámosvos algunhas fotos e vídeos.






