Páxinas

16 marzo, 2021

ESPAZOS DE APRENDIZAXE

A nosa Nenoteca non é solo un espazo de lectura común, senón que tratamos de que forme parte da vida escolar ao igual que o son as aulas ou os corredores do colexio. 

Nesta ocasión serviu como espazo de aprendizaxe para as sesións de robótica dos pequenos de 1º de Educación Primaria, nas que traballaron cos robots da biblio para repasar contidos da clase de lingua castelá. 













12 marzo, 2021

SEMANA DA PRENSA - A VOZ DO NENO

Rematamos esta Semana da Prensa 2021 cun sabor moi doce nas nosas bocas, xa que puidemos cumplir con todas as actividades previstas e gozamos da participación de toda a comunidade educativa do noso cole, desde os pequeniños da clase de 0 anos ata os maiores que están a realizar unha labor de xornalismo marabillosa. 


Se seguides as nosas redes podedes ver que tanto nos blogs de aula, na páxina web do cole, no Facebook e no Twitter se falou das actividades que realizamos ao longo de todos estes días.


Finalmente queremos contarvos que esto non remata aquí, xa que despois de tanto aprender, agora os xornalistas seremos nós e estamos no medio da elaboración da primeira edición do xornal A Voz do Neno, que os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria están editando e elaborando eles mesmos. 

Gracias á colaboración dos profes dos cursos máis baixos poidemos recompilar numerosas noticias sobre as actividades levadas a cabo nas aula, e xunto con diversas entrevistas e artigos que os maiores están elaborando, podemos adiantar como primicia que moi pronto verá a luz este xornal que distribuiremos en todas as plataformas dixitais do noso cole. 

Estade moi atentos!

SEMANA DA PRENSA - CONTACTAMOS CO EXTERIOR

Son moitas as persoas que durante esta semana dedicaron un ratiño do seu tempo para conectarse con nós e contarnos en que consiste o seu traballo e como é un día nas súas vidas. 

Directores cinematográficos, xornalistas, cámaras, fotógrafos, relacións públicas... todos eles, relacionados co mundo do xornalismo e a prensa. 

Poderedes atopar moita máis información nos diferentes blogs de aula de cada curso, pero queremos deixarvos aquí un resumo e o noso enorme agradecemento a todos e todas elas porque sen a súa contribución a nosa Semana non houbese sido tan especial. 

MANUEL ABAD - VÍDEOCHAMADA CON 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Podedes atopar máis información no seguinte enlace:

https://casadonenoquinto.blogspot.com/2021/03/experto-en-documentais.


AXENCIA EFE - Ana Martínez, Jorge Piñeiro, Óscar Corral. - VÍDEOCHAMADA CON 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Podedes atopar máis información no seguinte enlace:

http://casadonenocuarto.blogspot.com/2021/03/visita-especial-semana-de-la-prensa.html


XORNALISTA DA RADIO GALEGA - Antonio Gutiérrez González - VÍDEOCHAMADA CON 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Podedes atopar máis información no seguinte enlace:

http://casadonenoterceiro.blogspot.com/2021/03/como-trabaja-un-periodista-de-la-radio.html


RELACIÓNS PÚBLICAS - Mayra Porto - VÍDEOCHAMADA CON 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Podedes atopar máis información no seguinte enlace:

https://casadonenoprimeiro.blogspot.com/2021/03/llamadas-especiales.html


11 marzo, 2021

SEMANA DA PRENSA EN EDUCACIÓN INFANTIL (2)

Os pequenos de Educación Infantil continúan coas súas actividades relacionadas coa Semana da Prensa. 

Nesta ocasión incorporaron a utilización das follas do xornal para realizar unha actividade de creatividade no seu Diario de Croqueta. 



Na clase de Marina, os pequenos de 3 anos, tamén experimentaron cos xornais, coñecendo as súas partes e buscando letras e números nas súas páxinas, para rematar xogando coas follas nunha gran festa na clase!






10 marzo, 2021

SEMANA DA PRENSA EN EDUCACIÓN PRIMARIA (2)

Continuamos coa programación de actividades realizada para a Semana da Prensa.

En Educación Primaria entramos en contacto coa prensa dixital, coñecendo diferentes diarios en liña, tanto a nivel nacional como internacional. 




Ademais, continuamos co traballo coa prensa en formato físico, analizando as partes das noticias. 






09 marzo, 2021

SEMANA DA PRENSA EN EDUCACIÓN PRIMARIA (1)

Os maiores do cole tamén estiveron inmersos en actividades variadas relacionadas coa prensa.

Por un lado, puideron analizar as súas partes, desde a portada ata as diversas seccións que o compoñen, a maioría descoñecidas para eles. 

Alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria.

1º de Educación Primaria.

Por outro lado, e adaptando a actividade a cada idade, analizaron as partes dunha noticia: o titular, entradilla, o corpo da noticia, pés de páxina...

Alumnos e alumnas de clase de 2º de Educación Primaria.

Alumnos e alumnas de clase de 2º de Educación Primaria.


Alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria.

Alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria.

Alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria.

As partes da noticia.



SEMANA DA PRENSA EN EDUCACIÓN INFANTIL (1)

Nesta Semana da Prensa atopámonos inmersos nun conxunto de actividades variadas que teñen por obxectivo dar a coñecer este tipo de publicacións entre os máis pequenos. 

Desde os pequenos de Educación Infantil ata os maiores do cole, todos tivemos hoxe un xornal nas nosas mans para poder realizar diferentes actividades con el. 

No primeiro ciclo, os nenos e nenas da clase de Lucía fixeron pelotiñas de papel coas follas dos xornais e pasárono estupendamente explorando con este novo material!

Xogamos cos xornais e exploramos diferentes materiais.

Na clase de 1 ano aproveitaron o tamaño das follas dos xonais para utilizalo como lenzo, e nel plasmaron con pintura todo o que lles apeteceu. Mirade que ben o pasan!

Exploramos coa pintura.

Arte e periódicos.

Os nenos e nenas de 2 anos tamén estiveron moi atareados xogando coas follas dos periódicos!
Fixeron a súa sesión de sicomotricidade por parellas utilizando a folla e despois unha clase de electromagnetismo cun globo e trociños de periódico!

Sesión de electromagnetismo.

Exploramos coa prensa.

Clase de psicomotricidade con xornais.


No segundo ciclo de Educación Infantil tamén traballaron moito cos xoranis, con recunchos especiais da prensa e tempo dedicado á exploración cos periódicos!

Recuncho da prensa










8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como cada ano, o 8 de marzo facemos especial fincapé na importancia da igualdade entre homes e mulleres. Aínda que sempre tratamos de resaltar que esta labor se debe facer todos os días do ano, e así o facemos, nesta ocasión dedicamos o día a desenvolver actividades variadas nos diferentes cursos de Educación Primaria. 

Desde o equipo de biblioteca se impulsaron unha serie de actividades que podedes coñecer con máis detalle nos distintos blogs de cada aula. 

En 1º e 2º de Educación Primaria reflexionaron sobre a importancia de ser libres para escoller aquelo que nos máis nos guste, sen importar o noso xénero. Ademais, tiveron a oportunidade de falar cunha Policía Nacional que lles contou moitas cosuas sobre o seu traballo. 


En 3º de Educación Primaria a reflexión foi relacionada coas tarefas da casa e quen as realiza habitualmente nos seus fogares, tamén enfocada á importancia da igualdade. 

Finalmente, en 4º e 5º de Educación Primaria levaron a cabo unha tarefa na que se tiñan que poñer na pel de diferentes persoas e analizar as oportunidades laborais que terían segundo os seus diferentes perfís. 



Sen dúbida un día diferente que esperamos que sirva de semente para os nosos pequenos e pequenas.