Páxinas

12 marzo, 2021

SEMANA DA PRENSA - A VOZ DO NENO

Rematamos esta Semana da Prensa 2021 cun sabor moi doce nas nosas bocas, xa que puidemos cumplir con todas as actividades previstas e gozamos da participación de toda a comunidade educativa do noso cole, desde os pequeniños da clase de 0 anos ata os maiores que están a realizar unha labor de xornalismo marabillosa. 


Se seguides as nosas redes podedes ver que tanto nos blogs de aula, na páxina web do cole, no Facebook e no Twitter se falou das actividades que realizamos ao longo de todos estes días.


Finalmente queremos contarvos que esto non remata aquí, xa que despois de tanto aprender, agora os xornalistas seremos nós e estamos no medio da elaboración da primeira edición do xornal A Voz do Neno, que os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria están editando e elaborando eles mesmos. 

Gracias á colaboración dos profes dos cursos máis baixos poidemos recompilar numerosas noticias sobre as actividades levadas a cabo nas aula, e xunto con diversas entrevistas e artigos que os maiores están elaborando, podemos adiantar como primicia que moi pronto verá a luz este xornal que distribuiremos en todas as plataformas dixitais do noso cole. 

Estade moi atentos!