Páxinas

06 marzo, 2023

A vida de Rosalía de Castro... con marionetas!

A pasada semana, a Nenoteca foi un dos espazos escollidos para levar a cabo diferentes actos conmemorativos do Día de Rosalía, organizados todos eles polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro.

Neste ocasión, as alumnas e alumnos de primeiro e segundo curso puideron desfrutar dun pequeno teatro de títeres representado polos compañeiros/as de sexto, descubrindo dun xeito lúdico numerosos e diferentes aspectos sobre a vida e obra desta autora, considerada como unha das figuras máis importantes da nosa literatura.






24 decembro, 2022

Felicitación de Nadal



Dende o equipo da Nenoteca queremos facervos chegar os nosos mellores desexos para estes momentos tan especiais. Agardamos que desfrutedes destas datas na compaña dos vosos seres queridos.

Bo Nadal e Felices Festas!


13 novembro, 2022

Obradoiro sobre consumo

Este pasado xoves, a Nenoteca recibiu a visita de representantes da Escola Galega de Consumo, os cales nos agasallaron con un obradoiro sobre o consumo responsable. 

Coa vista posta nas celebracións de Nadal, recibimos algunhas recomendacións sobre a publicidade nos diferentes medios e, ademais, a formación necesaria para analizar e comprender as etiquetas dos diferentes agasallos que recibiremos nas próximas datas.

Como remate a este obradoiro, confeccionamos os nosos propios adornos de Nadal, incluíndo as súas correspondentes etiquetas, cos que de seguro engalanaremos os nosos fogares dun xeito especial.










24 outubro, 2022

DÍA DA BIBLIOTECA - 24 DE OUTUBRO

Hai días especiais que celebramos dun xeito diferente no cole. Hoxe, é un deses días xa que celebramos o Día da Biblioteca, o noso día. 

Por esta razón, todo o cole empezou falando que é unha biblioteca, que podemos atopar nela e reflexionando sobre a importancia deste espazo no noso día a día. 

Deixámosvos algunhas fotos por aquí. 












19 outubro, 2022

OS ENCARGADOS DA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca durante este curso abrirá nos tempos de recreos para que todos os nenos e nenas do cole poidan facer uso dos seus fondos. 

Este préstamo de libros levarase a cabo grazas á colaboración dos nenos e nenas de 6º, que tras recibir unha formación sobre como levar a cabo esta labor, comenzan esta semana o seu traballo. 

Sen dúbida, toda a comunidade está moi agradecida pola labor que realizan, e sabemos tamén que eles veñen con moito gusto á Nenoteca a desenvolver o seu labor, porque lles gusta axudar aos demais e traballar neste recuncho do cole.






07 outubro, 2022

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Neste curso a biblioteca propúxose realizar máis actividades entre clases, nun intento de volta á normalidade despois dos últimos anos. 

Por esta razón, entre outras moitas, fixéronse grupos de titoría vertical, nos que os maiores do cole "apadriñan" aos máis pequenos, para poder realizar actividades en conxunto.

Durante a semana pasada realizáronse apadriñamentos lectores entre as clases de 1º e 2º de Educación Primaria e os seus padriños e madriñas de 5º y 6º de Educación Primaria. 

Deixámosvos por aquí algunhas fotos.











21 setembro, 2022

COÑECENDO A NENOTECA

Empeza un novo curso e aproveitando os primeiros días todos os nenos e nenas de Educación Primaria pasaron pola biblioteca para coñecer como é o seu funcionamento. 

Falamos sobre as normas, a colocación do material, como se realizará o préstamo de libros e en que momentos do día...


Ademais, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria recibiron unha formación especial xa que eles serán os encargados de realizar o préstamo de libros no tempo do recreo, polo que estivemos practicando como se debe facer para que todo saia ben.