Páxinas

29 abril, 2024

E-LBE.2

Ao longo deste curso os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria utilizaron a biblioteca virtaul de E-LBE.2 que lles permite o acceso a milleiros de libros online. 

Unha experiencia que quixemos probar este curso cos máis maiores, e que esperamos poder extender ao resto da etapa no próximo curso. 








KOHA - CATALOGACIÓN DOS FONDOS DA BIBLIOTECA

Un dos obxectivos de mellora que se propuxo o Equipo da Biblioteca para este curso foi catalogar os fondos que a compoñían, dentro do programa da Xunta de Galicia, KOHA. 

Como xa sabedes, moitos dos fondos que tiñamos era doados por familias e amigos que sempre se acordan de nós, pero nos últimos anos tivemos a sorte de poder formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, PLAMBE, da Xunta de Galicia, e durante o anterior curso escolar, tamén da rede de BIBLIOTECAS INCLUSIVAS, polo que recibimos importantes subvencións. 

Grazas a elas puidemos mellorar o mobiliario, a tecnoloxía da biblioteca e tamén mercar numerosos fondos que xa están catalogados, forrados e en funcionamento na nosa biblioteca.

Como obxectivo para o próximo curso temos o préstamo dixitalizado a través do programa, xa que ata o de agora faise de xeito manual. Cada alumno e alumna terán un carné e poderán acceder aos fondos a través dun número de usuario. 

Pouquiño a pouco a nosa Nenoteca medra e mellora na súa xestión de préstamo e organización. 







26 abril, 2024

MI FAMILIA LEE


Otra de las propuestas de esta Semana de Animación a la Lectura, ha sido que cada familia se sacase una foto leyendo. 

Muchas gracias a todos por vuestra participación y por colaborar en las iniciativas que proponemos desde el centro. 









FRANCIA E A LECTURA

Hoxe os rapaces de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de poder escoitar aos compañeiros e compañeiras de 1º da ESO, que co eido da Semana de Animación á Lectura, prepararon unha fábula na materia de francés para eles. 

Achegámonos así á cultura francesa da súa man e do profesor Tino, que con moito cariño preparou esta actividade co seu alumnado. 

Moitas grazas por poñer un final tan bonito á nosa Semana de Animación Lectora! 








AS NOSAS FAMILIAS E AS CULTURAS

Ao longo desta Semana de Animación á Lectura aproveitamos para recibir dentro do cole a diferentes familias que proveñen doutras culturas, e que quixeron compartir con nós unha parte da súa tradición. 

Foi un placer poder escoitalos e aprender da súa man, e toda a comunidade educativa está moi agradecida por dedicarnos un ratiño do seu tempo. 

Laura e a cultura inglesa.




Bárbara, e a cultura de Argentina.



A familia Gutiérrez Jara, e a cultura de Colombia.






Artem Pustovyi, e a cultura ucraniana.





Familias visitando aos nenos e nenas de 1º ciclo de Educación Infantil. 



25 abril, 2024

LENDO E DESCUBRINDO

Esta semana, os 20 minutos de lectura obligatorios que facemos cada día, fixémolos en diferentes espazos do edificio, descubrindo novos lugares e desfrutando da lectura ao aire libre. 

Deixámosvos algunas fotos por aquí.