Páxinas

30 novembro, 2020

CIENCIA NA BIBLIO 2

Continuamos coas tardes de experimentos e ciencia na biblioteca. Neste caso os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Educación Primaria xogaron co ph de diferentes líquidos mesturándoos para conseguir cambiar as súas cores iniciais. 











27 novembro, 2020

CIENCIA NA BIBLIO 1

Os peques de 1º e 2º de Educación Primaria xa pasaron pola biblio neste mes da ciencia nas bibliotecas. 

Con eles fixemos un experimento moi divertido que seguro xa están facendo todos nas súas casas!

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasaron!





21 novembro, 2020

SEN OUTONO...

A estación do outono en Galicia é moi rica, non só en produtos do campo, senón tamén en refráns e adiviñas, ademais de celebrarse unha das festas máis típicas e tradicionais, o Magosto!

Por iso propúxoselles aos nenos e nenas de primaria que participasen nun xogo moi especial, no que, cada día, aparecía un refrán (incompleto) ou unha adiviña, nun lugar do corredor do colexio e ao longo da xornada escolar tiñan que investigar a parte que faltaba, no caso de ser un refrán, ou acertar coa adiviña.

Cada día, tivemos un representante de cada curso que acertou a adiviña ou o refrán e así de contentos, a pesares das mascarillas, saíron nas fotos desta semana.







09 novembro, 2020

NOVEMBRO - MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
Por esta razón, ao longo de todo mes realizaremos diferentes actividades en relación coa ciencia nas diferentes clases de Educación Primaria. 

Poderedes ver todo o que fagamos no noso blog así que estade moi atentos!



Deixámosvos tamén algunhas ligazóns de interese en relacións con esta tematica:



02 novembro, 2020

EU RECOMÉNDOCHE

Hoxe queremos compartir con tod@s vós o resultado da actividade que propuxemos con motivo do Día da Biblioteca, o pasado 24 de outubro. 

Estamos moi contentos pola participación de todo o alumnado, desde os máis pequeniños, coa axuda da súa familia, aos maiores do cole, que traballaron de forma autónoma. 

Deixámosvos unha centena de recomendacións lectoras que deixan boa fé do gran gusto pola lectura do noso alumando. 

Esperamos que vos axuden a descubrir novos títulos e a seguir lendo coa mesma ilusión que ata agora!


01 novembro, 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano, tan diferente, no que as celebracións están limitadas, decidiuse que houbera unha segunda data de celebración do Día das Letras Galegas. Ese día foi o 30 de outubro con motivo do aniversario do nacemento do homenaxeado, Ricardo Carbalho Calero. 

Por iso ese día, na clase de Lingua Galega, traballouse nos diferentes cursos un pouco a este autor e a súa obra a través de actividades variadas que nos levaron a lembrar que todos os días son os día da nosa lingua!