20 novembro, 2023
DÍA MUNDIAL DE LA INFANCIA
24 outubro, 2023
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2023
Como cada 24 de outubro, celebramos o Día da Biblioteca Escolar.
Este ano empezamos o día falando sobre as bibliotecas, a función que teñen e o papel que xogan nas nosas vidas, e despois, escribimos cada clase varias palabras que resumisen o noso sentir.
09 outubro, 2023
A NENOTECA NOS PROXECTOS
Como cada trimestre, a biblioteca colabora con cada proxecto que se fai no cole, emprestando títulos que complementan o traballo da aula.
Este trimestre, os encargados do Equipo de Biblioteca xa fixeron o seu traballo e encheron os estantes das clases con libros sobre as temáticas dos proxectos.
02 outubro, 2023
PRÉSTAMO NA BIBLIO
Como cada curso iniciamos o préstamo de libros na biblioteca, cos axudantes de 6º que se ocupan de axudar aos seus compañeiros e compañeiras doutros cursos, e a xestionar os exemplares da nosa Nenoteca.
Moi pronto, este préstamo realizarase a través da plataforma KOHA, na que estamos rexistrando todos os exemplares que temos no centro.
11 setembro, 2023
XUNTOS EN CAMIÑO
Comeza un novo curso e con el unha chea de aventuras que nos quedan por vivir.
Acompáñasnos neste novo camiño?
Feliz curso 2023 - 2024
21 xuño, 2023
Xuntos sumamos máis, o CD de Casa do Neno
Despois de tanto agardar... por fin o temos nas nosas mans! Xuntos sumamos máis é o título do novo CD de Casa do Neno, proxecto no cal as alumnas e alumnos de Educación Primaria do noso centro plasmaron todo o seu esforzo e ilusión no eido musical.
Agardamos que o desfrutedes!
30 maio, 2023
3, 2, 1... Gravamos!
Estes pasados días a Nenoteca mudou a súa decoración, converténdose nun pequeno espazo artístico no cal o alumnado de Educación Primaria de Casa do Neno plasmaron os seus coñecementos e o seu bo facer no eido da música a través dunhas gravacións.
En breves poderemos defrutar dun fantástico CD no cal se atoparán recompiladas unha selección de pezas musicais que con tanto esforzo e agarimo gravaron as nosas alumnas e alumnos.
Agardamos con ansia para escoitar o resultado!
16 maio, 2023
17 de maio, Día das Letras Galegas
O 17 de maio é unha data moi importante para todas as galegas e galegos, xa que se celebra o Día das Letras Galegas. Esta celebración foi instituída pola Real Academia Galega no ano 1963 co fin de homenaxear a aqueles persoeiros que destacasen pola súa creación literaria ou pola defensa da nosa prezada lingua. Nesta edición enaltécese a figura de Francisco Fernández del Riego, escritor e fundador da Editorial Galaxia.
Dende a Nenoteca fomentamos diariamente a utilización do noso idioma como base fundamental da nosa cultura e, especialmente nestas datas, compartimos con todas as nosas alumnas e alumnos as novas incorporacións e recomendacións de lecturas na nosa lingua.
15 maio, 2023
15 de maio, Día Internacional da Familia
Hoxe, como cada quince de maio, conmemórase o Día Internacional da Familia. Este data foi proclamado pola ONU no ano 1993 co obxectivo de reinvidar a papel e os valores do núcleo máis importante da nosa sociedade: a familia.
Dende o equipo da Nenoteca sumámonos a esta celebrebración compartindo con todas e todos vós un excelente recurso para abordar esta temática.
Agardamos que o desfrutedes!
05 maio, 2023
Semana de animación á lectura
10 marzo, 2023
Semana da prensa na escola
Esta semana celebramos a Semana da prensa na escola, iniciativa que dende Casa do Neno levamos ás nosas aulas cada ano.
Dende a Nenoteca, apoiados enormemente por todas as compañeiras e compañeiros, levamos a cabo un gran abano de actividades no eido artístico, analítico, creativo e manipulativo.
06 marzo, 2023
A vida de Rosalía de Castro... con marionetas!
A pasada semana, a Nenoteca foi un dos espazos escollidos para levar a cabo diferentes actos conmemorativos do Día de Rosalía, organizados todos eles polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro.
Neste ocasión, as alumnas e alumnos de primeiro e segundo curso puideron desfrutar dun pequeno teatro de títeres representado polos compañeiros/as de sexto, descubrindo dun xeito lúdico numerosos e diferentes aspectos sobre a vida e obra desta autora, considerada como unha das figuras máis importantes da nosa literatura.
30 xaneiro, 2023
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Este ano celebramos unha vez máis este día tan sinalado, relacionando o seu significado co lema da biblioteca que vimos traballando desde setembro.
Nun acto sinxelo, pero cheo de significado, lembramos a importancia do traballo pola tolerancia, a non violencia e a paz, especialmente ante os acontecementos vividos ao longo do último ano en Europa.