O 17 de maio é unha data moi importante para todas as galegas e galegos, xa que se celebra o Día das Letras Galegas. Esta celebración foi instituída pola Real Academia Galega no ano 1963 co fin de homenaxear a aqueles persoeiros que destacasen pola súa creación literaria ou pola defensa da nosa prezada lingua. Nesta edición enaltécese a figura de Francisco Fernández del Riego, escritor e fundador da Editorial Galaxia.
Dende a Nenoteca fomentamos diariamente a utilización do noso idioma como base fundamental da nosa cultura e, especialmente nestas datas, compartimos con todas as nosas alumnas e alumnos as novas incorporacións e recomendacións de lecturas na nosa lingua.