Hoxe rematamos unha das citas máis importantes da Nenoteca: a Semana da animación á lectura.
A principal finalidade desta iniciativa é alentar ás nosas alumnas e alumnos a que se mergullen no apaixoante mundo da lectura, o cal lles permitirá percorrer exóticos lugares e vivir milleiros de aventuras.
Durante o transcurso desta celebración, a cal comezou a mediados da pasada semana, levamos a cabo numerosas actividades entre as que podemos destacar os apadriñamentos lectores, a visita de numerosas familias para leeren coas nosas alumnas e alumnos, a elaboración de marcapáxinas personalizados, a escoita de contos musicados ou o descubrimento da relación existente entre a literatura e a música.