Páxinas

30 abril, 2021

VENRES FINAL

Remata esta Semana de Animación á Lectura 2021, cun sabor de boca moi doce, xa que foron moitas as actividades programadas e realizadas que nos fixeron sacar un sorriso a grandes e pequenos. 

Escoitamos o último consello de Dona Alegría, que nos explicou a importancia de ter un recuncho especial nas nosas casas onde gardar os nosos libros.

Preme nesta imaxe para ver todas as fotos da Semana da Lectura. 



Continuamos o día con conta contos en case todos os cursos, coma o resto da semana en Lingua Galega, Lingua Castelá e Inglés. 

Esperamos que vos gustara a celebración desta semana e seguide atentos ao blog porque continuaremos publicando máis cousiñas destes días.

Conta contos en inglés coa profe Judith.


Conta contos con marionetas.

Conta contos en inglés coa profe Ana. 

Marcapáxinas en 6º de Educación Infantil. 



APADRIÑAMENTO LECTOR

Unha das nosas actividades preferidas desta Semana de Animación á Lectora é o Apadriñamento Lector, o cal consiste en que un neno ou nena "maior" lle conte un pequeno conto a un neno ou nena "pequeno". 

De forma orixinal, este apadriñamento sería en persoa, e os dous buscarían un recunchiño dentro do cole no que desfrutar xuntos dun ratiño de lectura xuntos. 

Este ano, o COVID non nos da un respiro, e este tipo de actividades non se poden realizar como nos gustaría, pero sempre intentamos buscar o raio de luz dentro da tormenta, e por esa razón, o Equipo de Biblioteca decidiu que non podiamos esquecernos desta actividade na Semana da Lectura. 

Deste xeito, propuxemos aos maiores de 4º e de 5º de Educación Primaria que gravasen un vídeo contando un conto clásico que despois sería compartido a través de Google Drive con cada afillado ou afillada. 

Ademais, para que a promesa non quedase no aire, asinaron un contrato de apadriñamento, no que os padriños e madriñas se comprometían a contar un conto precioso e facelo o mellor posible, e os pequenos e pequenas se comprometín a escoitar con atención as fermosas historias que lles preparasen. 

Asinando os contratos.




Contratos expostos no corredor do colexio.

Queremos agradecer o traballo dos maiores do cole, que ao longo destas dúas semanas traballaron moitísimo para que os seus contos fosen os mellores, sempre con moitas ganas e moita ilusión, e queremos ensinarvos as cariñas dos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º ao ver aos seus compañeiros contándolles as historias, personalizadas para eles e elas. 

Compartiremos con vós algúns destes contos para que vexades a implicación e as ganas dos maiores, e tamén porque creemos que este tipo de experiencias son as que de verdade animan á lectura, creando nenos e nenas que están desexando chegar aos cursos de arriba para ser eles quenes conten contos aos demais. 









CONSELLO DE LECTURA NÚMERO 5

 Rematamos esta marabillosa semana co último consello lector. 

Esperamos que vos gustaran!




29 abril, 2021

CONTA CONTOS VARIADOS

Hoxe deixámos vos por aquí algúns vídeos recopilatorios dalgúns dos contos que foron contados esta semana polos profes do colexio. 

Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!





XOVES DE LECTURA

Este xoves empezou, coma o resto da semana, con Dona Alegría e o seu consello diario, que hoxe falaba de pedir axuda sempre que o necesitemos para elixir os nosos libros na biblioteca. 

Na clase da profe Merchi, atentos aos consellos de Dona Alegría.

O resto do día non pararon de acontecer sorpresas en todas as aulas do cole. Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos e podedes ver máis premendo aquí!

A teacher Nerea en 5º de Educación Primaria cun conto en inglés. 

A profe Maribel en 5º de Educación Infantil. 


A profe Mónica cos pequenos de 1 ano.

Lendo entretidos na clase da profe Tania.

A profe Eva coa mesa de luz con 5º de Educación Primaria. 


KAMISHIBAI e A MESA DE LUZ

Esta Semana de Animación á Lectura está sendo moi productiva, porque ademais de realizar moitas actividades variadas, estamos aprendendo diferentes técnicas para contar contos. Nesta entrada compartimos con vós dúas que creemos vos gustarán moito.

Por un lado, os profes demos a coñecer aos pequenos a técnica do Kamishibai. Trátase dunha técnica moi antiga de orixe xaponés, que consiste en contar o conto utilizando un pequeno teatrillo, chamado butai. Neste soporte apóianse as imaxes que o lector vai pasando a medida que a historia avanza, mentres que por dentrás está o texto que serve como apoio á persoa que o conta. 

Trátase dun recurso diferente que atraeu a atención dos maiores do cole nas sesións de contacontos realizadas con eles. 





Por outra banda, tamén realizamos contacontos utilizando a mesa de luz, outro marabilloso recurso que atrae moito a atención dos pequenos espectadores. 

A través do uso de imaxes opacas, a mesa coa súa luz fai que estas resalten, e serven como complemento perfecto a unha boa historia. 

Deixámosvos algunhas fotos de diferentes sesións realizadas nas aulas de Educación Primaria e Infantil.





OS CONTOS CLÁSICOS AXÚDANOS A PENSAR

Os contos clásicos son o centro da nosa Semana de Animación á Lectura deste ano, e sobre eles están xirando todas as actividades realizadas. 

Ademais de recordar estas historias, historias de sempre, que todos e todas coñecemos, nos cursos de 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria quixemos ir un pouquiño máis alá e facer pensar aos nosos pequenos e pequenas. 

En Educación Infantil o conto que traballamos foi o "Os tres porquiños" e tras lembrar o orixinal, tamén traballamos outra contraversión na que o lobo non era tan malo e o único que quería era acercarse aos porquiños para invitalos a unha festa... 

Porque ás veces, o lobo non é tan malo, e en todas as historias sempre hai dous puntos de vista...


Soplando como lobos.


En 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, o conto que traballamos foi o de "Carrapuchiña Vermella" e tras lembrar o orixinal, volvemos falar sobre os diferentes puntos de vista coa lectura da contraversión "El lobo de los cuentos"





En 4º e 5º de Educación Primaria lembraron "O patiño feo" e despois conversaron sobre a súa vida tras converterse nun precioso cisne. A presión social sobre o físico, os seguidores que acosan cando eres demasiado coñecido... 

Toda esta historia que leron no libro "El patito feo y sus fieles seguidores" e que lles axudou a reflexionar sobre moitos temas que empezan a preocuparlles como o seu físico, o que pensen os demais deles, como isto lles afecta... 

CONSELLO DE LECTURA NÚMERO 4

Hoxe presentamos o cuarto consello desta semana. 

Esperamos que o desfrutedes!




28 abril, 2021

UN MÉRCORES DE FANTASÍA E FANTÁSTICO

Continuamos traballando duro nesta semana tan especial, e coma sempre empezamos o día co Consello de Lectura, que nesta ocasión nos anima a imitar aos maiores que temos ao noso arredor e seguir o seu exemplo. 

O día continuou con actividades moi variadas en todos os cursos do cole. 

Os pequeniños da aula de bebés tamén participan nesta Semana de Animación á Lectura, e realizaron uns preciosos marcapáxinas. 


 
Aula dos pequeniños da clase da profe Lucía con contos adaptados a súa idade.

No primeiro ciclo de Educación Infantil realizaron múltiples actividades. En algunhas clases puideron elexir contos e miralos con tranquilidade e noutras traballaron os personaxes do conto de Carrapuchiña Vermella e se disfrazaron coma eles e xogaron con marionetas!

Xogando coas marionetas.

Disfrutando dos contos.

Xogando cos disfraces. 


No segundo ciclo de Educación Infantil hoxe tocou sesión de contacontos en Lingua Galega, coa profe Marina que lles fixo pasar un rato moi divertido.

Contacontos en Lingua Galega en 5º de Eduación Infantil. 

Contacontos en Lingua Galega en 4º de Educación Infantil. 

Contacontos en Lingua Galega en 6º de Educación Infantil. 

Os maiores do cole tamén tiveron moitas sorpresas hoxe con diferentes contacontos moi variados e divertidos que pasaron por todas as aulas. 
Preme aquí para ver máis fotos. 

Belén en 1º de Educación Primaria. 

A profe Antía en 5º de Educación Primaria.

O profe Toño en 1º de Educación Primaria. 

Belén en 2º de Educación Primaria.

A profe Cris en 2º de Eduación Primaria. 


O profe Toño en 3º de Educación Primaria

A teacher Nerea en 4º de Educación Primaria. 

A teacher Iria en 3º de Educación Primaria