26 abril, 2021

CONTACONTOS, CONSELLOS E MÁIS...

Empeza hoxe a Semana de Animación á Lectura, como continuación do Día do Libro que celebramos o pasado venres. 

Empezamos o día co consello de lectura número 1 desta semana, tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria, e que nos anima a ler en calquera momento e en calquera lugar que nos apeteza. 




Tamén comenzaron os contacontos da man dos mestres. Ante a imposibilidade de traer personas externas ao colexio, os propios profes realizan sesións de contacontos polas diferentes aulas, desde os pequeniños do primeiro ciclo de Educación Infantil, ata os maiores de Educación Primaria. 

Estade atentos ao blog porque por aquí vos deixaremos máis fotos das actividades realizadas ao longo da semana. 

Contacontos na clase de Merchi.

Contacontos en 4º de Educación Infantil.

Contacontos en 1º de Educación Primaria en inglés.