Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións. Amosar todas as publicacións

16 maio, 2023

17 de maio, Día das Letras Galegas

O 17 de maio é unha data moi importante para todas as galegas e galegos, xa que se celebra o Día das Letras Galegas. Esta celebración foi instituída pola Real Academia Galega no ano 1963 co fin de homenaxear a aqueles persoeiros que destacasen pola súa creación literaria ou pola defensa da nosa prezada lingua. Nesta edición enaltécese a figura de Francisco Fernández del Riego, escritor e fundador da Editorial Galaxia. 

Dende a Nenoteca fomentamos diariamente a utilización do noso idioma como base fundamental da nosa cultura e, especialmente nestas datas, compartimos con todas as nosas alumnas e alumnos as novas incorporacións e recomendacións de lecturas na nosa lingua.





26 outubro, 2021

VIAXAMOS A TRAVÉS DA LECTURA

Con motivo da actividade preparada para celebrar o Día da Biblioteca, os nenos e nenas de Educación Primaria xa están explorando de cheo os códigos QR en busca de novos libros para ler. 

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasan!












24 outubro, 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS - 24 DE OUTUBRO

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, e polo tanto é o día da nosa Nenoteca. 

Por esta razón, o equipo de biblioteca preparou case un cento de recomendacións para todos os nenos e nenas do noso cole. Trátase de recomendacións lectoras que nos farán viaxar polo mundo xa que son libros escollidos para coñecer as diferentes partes do planeta. 

No edificio de Educación Infantil poderedes atopalas na entrada do cole, e no de Educación Primaria estarán na Nenoteca, para que os nenos e nenas poidan acceder a eles cos seus dispositivos electrónicos. 

Para descifralas tan só necesitades un lector de códigos QR e ganas de viaxar. Estades preparados?



15 outubro, 2021

A BIBLIO NOS PROXECTOS

Como cada trimestre, a biblioteca escolar realiza un préstamo de libros a cada clase con títulos relacionados coa temática do proxecto. 

Neste trimestre os libros xa están en cada aula e os pequenos e pequenas desfrutando deles. 





25 febreiro, 2021

O RECUNCHO DOS LIBROS MÁXICOS

Hoxe estrenamos un novo recuncho na nosa Nenoteca. 

Trátase dun espazo no que o equipo de biblioteca fará recomendacións cada mes. 

Nesta ocasión os títulos escollidos teñen como protagonistas nenas ou mulleres, facéndoo coincidir co Día da Muller que pronto imos celebrar.