Páxinas

25 febreiro, 2021

O RECUNCHO DOS LIBROS MÁXICOS

Hoxe estrenamos un novo recuncho na nosa Nenoteca. 

Trátase dun espazo no que o equipo de biblioteca fará recomendacións cada mes. 

Nesta ocasión os títulos escollidos teñen como protagonistas nenas ou mulleres, facéndoo coincidir co Día da Muller que pronto imos celebrar. 



21 febreiro, 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE ADULTOS

Os nosos pequenos fixéronnos a seguinte pregunta: Por que os profes non subides reseñas? E os nosos pais e nais non poden compartir as súas lecturas?

Pareceunos unha reflexión moi acertada e por esa razón abrimos un novo espazo no noso blog para que vós, todos e todas as nais e pais, avós e avoas, tíos e tías, e en definitiva, toda a comunidade educativa de Casa do Neno, que tan fielmente nos seguides nas redes, poidades compartir as vosas lecturas e deste xeito crear unha comunidade lectora máis ampla. 

O proceso é semellante ao que fan os nosos pequenos e pequenas:

PASO 1: Acceder a través do seguinte enlace. RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE ADULTOS

PASO 2: Cubrir os datos do libro.

PASO 3: Pulsar en ¡TERMINADO!

PASO 4: Cubrir os vosos datos e enviar. 

Despois, o equipo de biblioteca subirá a vosa reseña ao blog para que outras persoas se poidan beneficiar dela. 

Deste xeito, tamén os adultos podemos desfrutar desta iniciativa lectora e ademais damos exemplo aos nosos pequenos. 

Anímate a participar!




20 febreiro, 2021

PRÉSTAMO NA BIBLIO

Como xa sabedes este ano a nosa biblioteca está facendo un esforzo grande para ser máis dinámica e entrar na vida escolar con máis forza. 

Por esta razón, nas últimas semanas comenzamos a realizar o préstamo de libros, de momento para dentro do cole, e dentro de moi pouco tamén para levar a casa. 

Para realizar esta tarefa os profesores contan coa axuda dunha serie de voluntarios e voluntarias de 4º e 5º de Educación Primaria que de xeito altruista dedican o seu tempo de recreo a axudar ao resto de compañeiros na tarefa de buscar libro, rexistran os préstamos, ocúpanse de manter a biblioteca ordenada e de catalogar os libros.