Páxinas

21 marzo, 2022

A VOZ DO NENO

A Semana da Prensa chegou ao seu fin, e unha das actividades que se levou a cabo foi a redacción dun xornal no que participou todo o colexio. 

Deixámosvos por aquí o xornal para que o vexades e desfrutedes con el. 


11 marzo, 2022

SEMANA DA PRENSA - DÍA 5

Remata esta Semana da Prensa 2022 con moito traballo e ilusión por parte de todo o equipo do cole. 

Deixámosvos algunhas fotos e un vídeo de resumo de todo o acontecido, que por sorte, continuará con máis experiencias nas próximas semanas. 



































10 marzo, 2022

SEMANA DA PRENSA - DÍA 4

Continuamos coa Semana da Prensa. Os pequeniños de 1 ano estiveron buscando fotos de animais nos xornais, e tamén traballaron a motricidade fina rachando e pegando o papel. 







Nas clases de 3º de Educación Infantil estiveron xogando con globos e papel, e desfrutaron da "maxia" do electromagnetismo. 




En 4º de Educación infantil continúan co traballo na aula nesta semana tan especial. 


Os maiores do cole, este cuarto día están xa inmeros na elaboración da "Voz do Neno" e continúan aprendendo a composición das noticias, sobre a prensa escrita, en papel, dixital..











09 marzo, 2022

SEMANA DA PRENSA - DÍA 3

Neste terceiro día da Semana da Prensa continuaron as actividades en todas as aulas do cole. 

Os nenos e nenas de 3º de Educación Infantil hoxe convertéronse en xornalistas despois de atopar unha caixa chea de obxectos para poder levar a cabo a súa nova profesión!









No segundo ciclo de Educación Infantil, os nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Infantil traballaron psicomotricidade utilizando xornais.






Os de 5º e 6º tamén traballaron xornais e buscaron as letras propostas polas profes. 






Os maiores de Educación Primaria traballaron a prensa dixital e empezaron a preparar as súas seccións para a próxima edición da Voz do Neno, o xornal de Casa do Neno.