Hoxe, 7 de marzo, comenzamos a traballar no cole a Semana da Prensa.
Son múltiples as actividades programadas desde o primeiro ciclo de Educación Infantil ata o último curso de Educación Primaria.
Na etapa de Educación Infantil hoxe levaron a cabo múltiples actividades de exploración e manipulación.
Na clase dos bebés deixaron as pegadas das súas mans en follas de periódico.
En 2º de Educación Infantil traballaron a través dunha instalación de papeis de xornal a través da que os pequenos puideron explorar e xogar libremente.
No segundo ciclo de Educación Infantil tamén traballaron e xogaron coas follas de papel. Deixámosvos fotiños para que vexades o moito que se divertiron!
Na etapa de Educación Primaria comenzamos hoxe traballando as partes das noticas e as que forman o xornal, traballando con prensa real, que nos permite buscar e investigar sobre un formato real e os maiores introducíndose xa na dixital.