Neste terceiro día da Semana da Prensa continuaron as actividades en todas as aulas do cole.
Os nenos e nenas de 3º de Educación Infantil hoxe convertéronse en xornalistas despois de atopar unha caixa chea de obxectos para poder levar a cabo a súa nova profesión!
No segundo ciclo de Educación Infantil, os nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Infantil traballaron psicomotricidade utilizando xornais.
Os de 5º e 6º tamén traballaron xornais e buscaron as letras propostas polas profes.
Os maiores de Educación Primaria traballaron a prensa dixital e empezaron a preparar as súas seccións para a próxima edición da Voz do Neno, o xornal de Casa do Neno.