Páxinas

10 decembro, 2021

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos, e por esta razón, en cada clase escoitamos a historia dun neno ou nena de diferentes partes do mundo. 

Deste xeito, coñecendo outras realidades, somos conscientes do afortunados que somos por vivir na realidade que vivimos e por ter todas as cousas que temos.




25 novembro, 2021

CIENCIA NA BIBLIO


Neste mes de Novembro celébrase o Mes da Ciencia na Biblioteca, e por esta razón, hoxe recibimos a visita de Yolanda, unha nai do noso cole que compartiu con nós un ratiño do seu tempo.

Yolanda traballa nun laboratorio e xunto a ela aprendemos a extraer o ADN dun plátano. 

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron moi atentos para realizar todo o proceso e alucinaron co resultado final. 

Moitísimas gracias a Yolanda por estár con nós e por sumar sempre dentro do cole.

Fai clic na imaxe para ver máis. 


25 N - FALAMOS DE IGUALDADE

Hoxe celebramos no colexio o 25 N reflexionando sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 

Falamos sobre que é a violencia, que tipos de violencia hai, e tamén da igualdade, porque creemos fundamental que desde pequenos aprendamos que todos podemos ser o que quieramos, vestir como queiramos e facer o que queiramos, sempre que non fagamos dano a ninguén. 

Os nosos nenos e nenas téñeno claro. E ti?







19 novembro, 2021

DÍA DO PIXAMA


En España hai casi 17000 menores que actualmente viven en centros de acollida, en lugar de facelo cunha familia. O día 20 de novembro, con motivo da aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno, a ASEAT invítanos a celebrar o Día do Pixama, co obxectivo de dar visibilidade aos nenos e xóvenes que viven en centros de acollida e concienciar sobre o dereito de todos os menores a vivir nun fogar cunha familia.

Por esta razón, hoxe todo o colexio veu en pixama, para a dar a coñecer esta realidade aos nosos nenos e nenas.

Empezamos a mañá con diferentes propostas segundo os cursos. Algúns leron contos, traballaron a través do debuxo, outros poideron escoitar experiencias de familias acolledoras ou de persoas que traballan en centros de acollida.

Un bonito día que compartimos e que nos ensina diferentes realidades que non están tan lexos da nosa













26 outubro, 2021

VIAXAMOS A TRAVÉS DA LECTURA

Con motivo da actividade preparada para celebrar o Día da Biblioteca, os nenos e nenas de Educación Primaria xa están explorando de cheo os códigos QR en busca de novos libros para ler. 

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasan!












24 outubro, 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS - 24 DE OUTUBRO

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, e polo tanto é o día da nosa Nenoteca. 

Por esta razón, o equipo de biblioteca preparou case un cento de recomendacións para todos os nenos e nenas do noso cole. Trátase de recomendacións lectoras que nos farán viaxar polo mundo xa que son libros escollidos para coñecer as diferentes partes do planeta. 

No edificio de Educación Infantil poderedes atopalas na entrada do cole, e no de Educación Primaria estarán na Nenoteca, para que os nenos e nenas poidan acceder a eles cos seus dispositivos electrónicos. 

Para descifralas tan só necesitades un lector de códigos QR e ganas de viaxar. Estades preparados?



15 outubro, 2021

A BIBLIO NOS PROXECTOS

Como cada trimestre, a biblioteca escolar realiza un préstamo de libros a cada clase con títulos relacionados coa temática do proxecto. 

Neste trimestre os libros xa están en cada aula e os pequenos e pequenas desfrutando deles. 





01 outubro, 2021

PRÉSTAMO NA BIBLIO

Seguindo todas as medidas de seguridade que a Covid nos trouxo, neste mes de outubro comenzamos o préstamo de libros na biblioteca, tal e como estaba programado. 

No tempo de lectura diario, os encargados previamente seleccionados e organizados polo Equipo de Bilioteca, xestionan o préstamo de libros entre os nenos e nenas do colexio, e deste xeito a nosa biblioteca permanece aberta a todos.







20 setembro, 2021

PREPÁRATE PARA SENTIR

Empeza un novo curso e con el a biblioteca arranca con novas propostas que nos fan pensar e introducirnos en novos mundos. 

O lema que presentamos este curso é "PREPÁRATE PARA SENTIR" e a través desde fío conductor traballaremos as emocións desde diferentes puntos de vista. 

E ti, estás preparado para sentir?








21 maio, 2021

ÁRBORE DAS FERMOSAS PALABRAS

Durante a semana de celebración das Letras Galegas, deste ano 2021, adicado a Xela Arias, profesora, tradutora e escritora, o alumnado de Educación Primaria deulle vida á nosa "Árbore das fermosas palabras".

Cada neno e nena, durante as diferentes sesións de Lingua, pensou nunha palabra propiamente galega, que lle gustase, tivese un son bonito, que fose orixinal... 

Despois de elixir a fermosa palabra, escribíase, con letras decorativas, dentro do debuxo dunha folla, coloreouse con cores vivos e alegres, recortouse a folla e, por último, colocouse na árbore. 

Así dámoslle vida á nosa árbore coa riqueza do vocabulario galego no que podemos atopar belezas como: agarimo, bolboreta, riquiño, golfiño, xeado, bico, ledicia...