24 outubro, 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS - 24 DE OUTUBRO

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, e polo tanto é o día da nosa Nenoteca. 

Por esta razón, o equipo de biblioteca preparou case un cento de recomendacións para todos os nenos e nenas do noso cole. Trátase de recomendacións lectoras que nos farán viaxar polo mundo xa que son libros escollidos para coñecer as diferentes partes do planeta. 

No edificio de Educación Infantil poderedes atopalas na entrada do cole, e no de Educación Primaria estarán na Nenoteca, para que os nenos e nenas poidan acceder a eles cos seus dispositivos electrónicos. 

Para descifralas tan só necesitades un lector de códigos QR e ganas de viaxar. Estades preparados?