Páxinas

20 novembro, 2022

Día Mundial da Infancia

Todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, educación e protección, independentemente do lugar onde naceran. Estando uns ao lado dos outros, podemos construir un mundo máis xusto e igualitario. 

Para dar visibilidade e reflexionar sobre todo isto, o venres viñemos en pixama ao colexio respaldando a iniciativa de ASEAT (Asociación Estatal de Acollemento Familiar), onde co pixama reflexamos ese momento de casa, comidade, de familia... 

Fixemos reflexións, actividades, onde entendemos que as familias non son todas igualis, pero que o importante é ser consciente da sorte que temos e de coidarnos uns aos outros.  




13 novembro, 2022

Obradoiro sobre consumo

Este pasado xoves, a Nenoteca recibiu a visita de representantes da Escola Galega de Consumo, os cales nos agasallaron con un obradoiro sobre o consumo responsable. 

Coa vista posta nas celebracións de Nadal, recibimos algunhas recomendacións sobre a publicidade nos diferentes medios e, ademais, a formación necesaria para analizar e comprender as etiquetas dos diferentes agasallos que recibiremos nas próximas datas.

Como remate a este obradoiro, confeccionamos os nosos propios adornos de Nadal, incluíndo as súas correspondentes etiquetas, cos que de seguro engalanaremos os nosos fogares dun xeito especial.