Páxinas

30 xaneiro, 2021

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Ao longo de toda esta semana tanto na etapa de Educación Infantil como na de Educación Primaria, traballamos o Día Escolar na Non Violencia e da Paz. 

Os máis pequenos fixeron actividades moi variadas relacionadas coa literatura e o arte para transmitir aos máis pequenos os valores de paz, igualdade e tolerancia, dos que falamos a diario, e neste día nos centramos un pouquiño máis. 

Na etapa de Educación Primaria traballouse a partir da idea do virus da violencia e partindo desta idea nos diferentes cursos creouse unha vacina para combatelo. 

Deixámosvos o enlace a dous pequenos vídeos que resumen todo o traballo desta bonita semana que intentaremos que siga presente o resto do curso. 



28 xaneiro, 2021

FOMENTO DA LECTURA

Co inicio deste trimestre comenzamos unha nova rutina de motivación lectora entre todo o alumnado de Educación Primaria. 

Desde o equipo de biblioteca propuxemos un novo sistema de control e motivación da lectura, a través da realización de pequenas reseñas dos libros que os nosos alumnos e alumnas leen. 

Ditas reseñas serán publicadas nun novo espazo do noso blog que podedes visitar na parte superior do mesmo, no que atoparán as recomendacións lectoras que os seus propios compañeiros fan dos libros que leen. 

Ademais os profesores terán en conta o esforzo e dedicación con respecto á lectura e premiarán con diferentes diplomas segundo o número de lecturas realizadas desde este momento e ata o final do curso. 

Deste xeito buscamos xerar o hábito de lectura entre os nosos rapaces, á vez que ofrecemos recomendacións de libros entre iguais, e premiamos a aqueles que se esforzan e teñen un bo hábito lector. 

Esperamos que este novo recunchiño da nosa biblioteca vos guste tanto coma a nós!



25 xaneiro, 2021

NOVOS PROXECTOS

Co comezo dos novos proxectos a biblioteca volve outra vez a deixar a súa pegada nas aulas, de novo facendo préstamos de libros relacionados cos mesmos. 

Hoxe mesmo realizamos o reparto polas aulas e os pequenos xa teñen á súa disposición todos os fondos que había na biblioteca e que teñen que ver co tema están estudando.