Páxinas

28 xaneiro, 2021

FOMENTO DA LECTURA

Co inicio deste trimestre comenzamos unha nova rutina de motivación lectora entre todo o alumnado de Educación Primaria. 

Desde o equipo de biblioteca propuxemos un novo sistema de control e motivación da lectura, a través da realización de pequenas reseñas dos libros que os nosos alumnos e alumnas leen. 

Ditas reseñas serán publicadas nun novo espazo do noso blog que podedes visitar na parte superior do mesmo, no que atoparán as recomendacións lectoras que os seus propios compañeiros fan dos libros que leen. 

Ademais os profesores terán en conta o esforzo e dedicación con respecto á lectura e premiarán con diferentes diplomas segundo o número de lecturas realizadas desde este momento e ata o final do curso. 

Deste xeito buscamos xerar o hábito de lectura entre os nosos rapaces, á vez que ofrecemos recomendacións de libros entre iguais, e premiamos a aqueles que se esforzan e teñen un bo hábito lector. 

Esperamos que este novo recunchiño da nosa biblioteca vos guste tanto coma a nós!