Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Préstamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Préstamos. Amosar todas as publicacións

14 marzo, 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Este trimestre comenzamos unha nova aventura viaxeira cos nenos e nenas de segundo ciclo de Educación Infantil. 

Desde o Equipo de Biblioteca preparamos unhas mochilas viaxeiras para que semanalmente poidan levar a casa fondos da biblioteca e desfrutar deles na casa, en compañía das súas familias. 

Dun xeito rotativo e por equipos, cada semana un neno ou nena leva a mochila á súa casa. 

Deixamos algunhas fotos para que vexades a ilusión que teñen con esta nova iniciativa. 







26 setembro, 2024

COÑECENDO A BIBLIOTECA

Un novo curso empeza, e como cada ano, desde o equipo de biblioteca volvemos a levar a cabo actividades de concienciación das normas da Nenoteca, para que todo o mundo coñeza como debemos utilizar este espazo e para que funciona. 

Non solo para os máis veteranos que coñecen o espazo e o utilizan dun xeito moi responsable, senon para os novos compañeiros e compañeiras que chegan ao cole, para que aprendan todo o que se pode facer na nosa biblio, que non solo é ler... 


Ademais, este ano comenzamos co préstamo de libros a través do programa KOHA, polo que repartimos os carnés da biblioteca a cada alumno e alumna, e comenzamos a xetionar os préstamos e devolucións a través do mesmo. 



Un gran reto para o profesorado que levabamos moito tempo traballando para incorporar os miles de fondos que temos na nosa biblioteca, e que por fin se poden prestar dun xeito automatizado.

29 abril, 2024

KOHA - CATALOGACIÓN DOS FONDOS DA BIBLIOTECA

Un dos obxectivos de mellora que se propuxo o Equipo da Biblioteca para este curso foi catalogar os fondos que a compoñían, dentro do programa da Xunta de Galicia, KOHA. 

Como xa sabedes, moitos dos fondos que tiñamos era doados por familias e amigos que sempre se acordan de nós, pero nos últimos anos tivemos a sorte de poder formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, PLAMBE, da Xunta de Galicia, e durante o anterior curso escolar, tamén da rede de BIBLIOTECAS INCLUSIVAS, polo que recibimos importantes subvencións. 

Grazas a elas puidemos mellorar o mobiliario, a tecnoloxía da biblioteca e tamén mercar numerosos fondos que xa están catalogados, forrados e en funcionamento na nosa biblioteca.

Como obxectivo para o próximo curso temos o préstamo dixitalizado a través do programa, xa que ata o de agora faise de xeito manual. Cada alumno e alumna terán un carné e poderán acceder aos fondos a través dun número de usuario. 

Pouquiño a pouco a nosa Nenoteca medra e mellora na súa xestión de préstamo e organización. 







09 outubro, 2023

A NENOTECA NOS PROXECTOS

Como cada trimestre, a biblioteca colabora con cada proxecto que se fai no cole, emprestando títulos que complementan o traballo da aula. 

Este trimestre, os encargados do Equipo de Biblioteca xa fixeron o seu traballo e encheron os estantes das clases con libros sobre as temáticas dos proxectos. 


02 outubro, 2023

PRÉSTAMO NA BIBLIO

Como cada curso iniciamos o préstamo de libros na biblioteca, cos axudantes de 6º que se ocupan de axudar aos seus compañeiros e compañeiras doutros cursos, e a xestionar os exemplares da nosa Nenoteca.

Moi pronto, este préstamo realizarase a través da plataforma KOHA, na que estamos rexistrando todos os exemplares que temos no centro.




03 maio, 2022

A BIBLIO NOS PROXECTOS

Un novo proxecto e a Nenoteca volver a participar outorgando a cada clase material sobre a temática que lle toca traballar, e completando así todas as bibliotecas de aula. 



18 xaneiro, 2022

A NENOTECA NO SEGUNDO PROXECTO

En cada trimestre levamos a cabo un proxecto diferente en cada curso, e a Biblioteca do cole sempre intenta poñer da súa parte para que estes sexan o máis enriquecedores posibles. 

Neste segundo trimestre, de novo, o Equipo da Biblioteca buscou de novo exemplares para cada curso, que xa foron entregados para sumar á biblioteca de aula. 



Ademais, recibimos una Maleta Viaxeira do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, con numerosos libros relacionados co medio ambiente que nos axudan a completar os nosos proxectos de 2º, 4º e 6º de Educación Primaria. 





15 outubro, 2021

A BIBLIO NOS PROXECTOS

Como cada trimestre, a biblioteca escolar realiza un préstamo de libros a cada clase con títulos relacionados coa temática do proxecto. 

Neste trimestre os libros xa están en cada aula e os pequenos e pequenas desfrutando deles. 





01 outubro, 2021

PRÉSTAMO NA BIBLIO

Seguindo todas as medidas de seguridade que a Covid nos trouxo, neste mes de outubro comenzamos o préstamo de libros na biblioteca, tal e como estaba programado. 

No tempo de lectura diario, os encargados previamente seleccionados e organizados polo Equipo de Bilioteca, xestionan o préstamo de libros entre os nenos e nenas do colexio, e deste xeito a nosa biblioteca permanece aberta a todos.







12 abril, 2021

A BIBLIO NOS PROXECTOS

Hoxe comenzaron os proxectos do terceiro trimestre, e a biblioteca outra vez máis pon o seu gran de area aportando libros a cada aula relacionados co tema a traballar. 

Os nosos peques agradécenos moito e esperan con ilusión a que o equipo de biblioteca entre na súa aula cos agasallos do trimestre. 



20 febreiro, 2021

PRÉSTAMO NA BIBLIO

Como xa sabedes este ano a nosa biblioteca está facendo un esforzo grande para ser máis dinámica e entrar na vida escolar con máis forza. 

Por esta razón, nas últimas semanas comenzamos a realizar o préstamo de libros, de momento para dentro do cole, e dentro de moi pouco tamén para levar a casa. 

Para realizar esta tarefa os profesores contan coa axuda dunha serie de voluntarios e voluntarias de 4º e 5º de Educación Primaria que de xeito altruista dedican o seu tempo de recreo a axudar ao resto de compañeiros na tarefa de buscar libro, rexistran os préstamos, ocúpanse de manter a biblioteca ordenada e de catalogar os libros. 










25 xaneiro, 2021

NOVOS PROXECTOS

Co comezo dos novos proxectos a biblioteca volve outra vez a deixar a súa pegada nas aulas, de novo facendo préstamos de libros relacionados cos mesmos. 

Hoxe mesmo realizamos o reparto polas aulas e os pequenos xa teñen á súa disposición todos os fondos que había na biblioteca e que teñen que ver co tema están estudando. 







17 outubro, 2020

A BIBLIO CHEGA A INFANTIL

A biblioteca do cole tamén pensou nos pequenos de Educación Infantil e repartiu libros entre as clases do primeiro e o segundo ciclo.

Con este préstamo preténdese achegar a lectura a todos eles, e ademais complementar o seu proxecto con libros que lles axuden a descubrir novas cousas sobre os animais. 

Tamén se incluiron libros en inglés para que o teacher poida incluir nas súas sesións contidos relacionados co proxecto e facelo interdisciplinar!

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades que caixiñas máis bonitas preparamos para eles!