Páxinas

26 outubro, 2020

A NOSA MASCOTA

Fai algunhas semanas a Biblioteca propuxo un concurso para conseguir unha mascota que representase a nosa biblioteca. Despois de todo este tempo por fin temos un gañador!!!

Sabemos que estabades ansiosos por coñecer o veredicto do xurado!

A semana pasada fixemos entrega dun diploma a todos os participantes, e por suposto, a Antía, a gañadora deste concurso. O seu debuxo, o Señor Ourizo, será a nosa mascota. 


Algúns dos participantes e a gañadora.



Benvido ao noso cole Señor Ourizo!! Benvido á nosa Nenoteca!



22 outubro, 2020

TEMA CENTRAL DA BIBLIOTECA

Esta semana presentamos aos nenos e nenas de Educación Primaria o tema central da biblioteca. 

Trátase dun tema sobre o que xirarán algunhas das actividades programadas dentro do plan anual de lectura do centro. 

Para que descubrisen o tema fixemos un Scape Room no que tiveron que poñer a proba todo o seu enxeño e habilidades para descubrir o enigma final. 






https://view.genial.ly/5f7e00e7334a2e0da75d2b60/game-breakout-scape-room-conecendo-a-biblioteca

Deixámosvos o enlace para ver se sodes quen de descubrir o código final e para que coñezades máis cousas sobre a nosa NENOTECA.


20 outubro, 2020

DÍA DA BILIOTECA - 24 DE OUTUBRO

O sábado día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil propuxeran esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. 

Con motivo da celebración deste día, desde o equipo de biblioteca propoñemos a toda a comunidade educativa (pais, nais, alumnos de todas as idades, avós, mestres...) a seguinte actividade.


"EU RECOMÉNDOCHE"

- A actividade consiste en pensar nun libro que che gustaría recomendar a outra persoa. 

- Debes debuxar a portada do libro poñendo o título, o autor e a editorial (se é posible). 

- Engade unha frase que resuma por que elixes este libro. 

- Podes descargar a portada en blanco do blog ou pedirlla ao teu titor que che envío o arquivo. 

- Todas as portadas poderanse deixar na entrada do colexio (para Educación Primaria), nunha caixa habilitada para este fin, ou envialas escaneadas a este correo electrónico (para Educación Infantil e os que queiran de primaria): biblioteca@casadoneno.edu.es

- Cada participante pode entregar todas as recomendacións que queira. 

- O día límite de entrega é o 2 de novembro de 2020.

ANÍMATE A PARTICIPAR E RECOMEDAR O TEU LIBRO FAVORITO!

17 outubro, 2020

A BIBLIO CHEGA A INFANTIL

A biblioteca do cole tamén pensou nos pequenos de Educación Infantil e repartiu libros entre as clases do primeiro e o segundo ciclo.

Con este préstamo preténdese achegar a lectura a todos eles, e ademais complementar o seu proxecto con libros que lles axuden a descubrir novas cousas sobre os animais. 

Tamén se incluiron libros en inglés para que o teacher poida incluir nas súas sesións contidos relacionados co proxecto e facelo interdisciplinar!

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades que caixiñas máis bonitas preparamos para eles!














07 outubro, 2020

A BIBLIOTECA E OS PROXECTOS

Dentro do Plan Anual de Lectura o equipo da biblioteca programou numerosas actividades para levar a cabo ao longo deste curso. 

Unha delas é o préstamo de exemplares relacionados coa temática do proxecto a cada aula. 

Por esta razón, esta semana fíxose entrega a cada clase dunha cesta de libros para o recuncho do proxecto dentro de cada aula, que se xestionarán de forma interna sempre que se necesite realizar consultas ou realizar lectura libre. 

Ante a situación actual do Covid, ademais existen unha normas específicas para a súa utilización, que son desinfectar as mans antes de coller os libros, e tras o seu uso deixalos nun espazo de corentena. Transcorridas 24 horas, os mestres volverán a despositalos no recuncho. 

Deste xeito a biblioteca tamén contribúe ao desenvolvemento dos proxectos e anima a todos os peques a seguir aprendendo e investigando a través dos libros. 








02 outubro, 2020

OS BOLECHAS VISITAN O NOSO COLE

Hoxe recibimos no edificio de primaria ós Bolechas, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º. 

O noso amigo Braulio explicounos que debemos facer ante unha situación de emerxencia: debemos chamar ao 112, manter a calma, intentar explicar o lugar exacto no que nos atopamos...

Pasamos un rato divertido á vez que aprendemos algo moi importante que pode salvar vidas se por desgracia nos toca vivir unha situación extrema. 

Deixámosvos algunhas fotos do momento, algún que outro vídeo e amosámosvos o agasallo que nos fixeron.