Dentro do Plan Anual de Lectura o equipo da biblioteca programou numerosas actividades para levar a cabo ao longo deste curso.
Unha delas é o préstamo de exemplares relacionados coa temática do proxecto a cada aula.
Por esta razón, esta semana fíxose entrega a cada clase dunha cesta de libros para o recuncho do proxecto dentro de cada aula, que se xestionarán de forma interna sempre que se necesite realizar consultas ou realizar lectura libre.
Ante a situación actual do Covid, ademais existen unha normas específicas para a súa utilización, que son desinfectar as mans antes de coller os libros, e tras o seu uso deixalos nun espazo de corentena. Transcorridas 24 horas, os mestres volverán a despositalos no recuncho.
Deste xeito a biblioteca tamén contribúe ao desenvolvemento dos proxectos e anima a todos os peques a seguir aprendendo e investigando a través dos libros.