Páxinas

24 outubro, 2022

DÍA DA BIBLIOTECA - 24 DE OUTUBRO

Hai días especiais que celebramos dun xeito diferente no cole. Hoxe, é un deses días xa que celebramos o Día da Biblioteca, o noso día. 

Por esta razón, todo o cole empezou falando que é unha biblioteca, que podemos atopar nela e reflexionando sobre a importancia deste espazo no noso día a día. 

Deixámosvos algunhas fotos por aquí. 












19 outubro, 2022

OS ENCARGADOS DA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca durante este curso abrirá nos tempos de recreos para que todos os nenos e nenas do cole poidan facer uso dos seus fondos. 

Este préstamo de libros levarase a cabo grazas á colaboración dos nenos e nenas de 6º, que tras recibir unha formación sobre como levar a cabo esta labor, comenzan esta semana o seu traballo. 

Sen dúbida, toda a comunidade está moi agradecida pola labor que realizan, e sabemos tamén que eles veñen con moito gusto á Nenoteca a desenvolver o seu labor, porque lles gusta axudar aos demais e traballar neste recuncho do cole.






07 outubro, 2022

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Neste curso a biblioteca propúxose realizar máis actividades entre clases, nun intento de volta á normalidade despois dos últimos anos. 

Por esta razón, entre outras moitas, fixéronse grupos de titoría vertical, nos que os maiores do cole "apadriñan" aos máis pequenos, para poder realizar actividades en conxunto.

Durante a semana pasada realizáronse apadriñamentos lectores entre as clases de 1º e 2º de Educación Primaria e os seus padriños e madriñas de 5º y 6º de Educación Primaria. 

Deixámosvos por aquí algunhas fotos.