Páxinas

24 setembro, 2020

AMPLIAMOS O PRAZO DE PARTICIPACIÓN

Ante a solicitude popular que nos fixéstedes ampliamos o prazo de participación no concurso da mascota da biblioteca ata o próximo venres día 2 de outubro. 

Animádevos a participar e deixar a vosa pegada no cole!



09 setembro, 2020

CONCURSO - UNHA MASCOTA PARA A NENOTECA



CONCURSO DE DEBUXO - "UNHA MASCOTA PARA A NENOTECA"

BASES DO CONCURSO

PARTICIPANTES: 

- Poderá participar todo o alumnado que estea matriculado no colexio coa axuda da súa familia.

- Cada familia poderá presentar un solo debuxo.


NORMATIVA:


- O debuxo realizarase en tamaño DIN A4.

- A mascota debe ser inventada, non copiada nin calcada doutras xa existentes. Terase en conta a orixinalidade do mesma. 

- A mascota debe ter nome propio. 

- Entregaranse dentro dun sobre blanco sen nome. Dentro deste sobre deberá haber outro sobre pequeno cos datos do alumno/a.

- Depositaranse na porta do colexio, nunha caixa habilitada para dito fin. 

- Calquera debuxo que non cumpla as normas anteriormente citadas será descalificado. 


PREMIOS:

A mascota elixida será utilizada en todas as actividades relacionadas coa biblioteca, nos carnés da mesma e será a imaxe do blog. 


PLAZO DE ENTREGA:

- O plazo de entrega comeza no mesmo momento desta publicación e ata o próximo venres 25 de setembro.


XURADO:

- O xurado estará composto polo profesorado que forma parte do equipo da biblioteca. 



ANÍMATE A PARTICIPAR E A FACER DA NOSA BIBLIOTECA UN LUGAR MELLOR!


07 setembro, 2020

BENVID@S AO BLOG DA BIBLIOTECA

Empeza un novo curso cheo de novidades e moitas sorpresas. Entre todas elas estreamos este espazo no que narraremos todas as noticias relacionadas coa biblioteca escolar. 

Cheos de ilusión arrancamos con este novo proxecto que esperamos poder impulsar nos próximos meses, e para o que contamos con todos e todas vós como axuda fundamental. 

Esperamos que vos guste e que entre todos poidamos facer da biblioteca un lugar aínda máis especial. 

Estade atentos xa que proximamente haberá moitas novidades por aquí!