Páxinas

09 setembro, 2020

CONCURSO - UNHA MASCOTA PARA A NENOTECA



CONCURSO DE DEBUXO - "UNHA MASCOTA PARA A NENOTECA"

BASES DO CONCURSO

PARTICIPANTES: 

- Poderá participar todo o alumnado que estea matriculado no colexio coa axuda da súa familia.

- Cada familia poderá presentar un solo debuxo.


NORMATIVA:


- O debuxo realizarase en tamaño DIN A4.

- A mascota debe ser inventada, non copiada nin calcada doutras xa existentes. Terase en conta a orixinalidade do mesma. 

- A mascota debe ter nome propio. 

- Entregaranse dentro dun sobre blanco sen nome. Dentro deste sobre deberá haber outro sobre pequeno cos datos do alumno/a.

- Depositaranse na porta do colexio, nunha caixa habilitada para dito fin. 

- Calquera debuxo que non cumpla as normas anteriormente citadas será descalificado. 


PREMIOS:

A mascota elixida será utilizada en todas as actividades relacionadas coa biblioteca, nos carnés da mesma e será a imaxe do blog. 


PLAZO DE ENTREGA:

- O plazo de entrega comeza no mesmo momento desta publicación e ata o próximo venres 25 de setembro.


XURADO:

- O xurado estará composto polo profesorado que forma parte do equipo da biblioteca. 



ANÍMATE A PARTICIPAR E A FACER DA NOSA BIBLIOTECA UN LUGAR MELLOR!