Páxinas

21 maio, 2021

ÁRBORE DAS FERMOSAS PALABRAS

Durante a semana de celebración das Letras Galegas, deste ano 2021, adicado a Xela Arias, profesora, tradutora e escritora, o alumnado de Educación Primaria deulle vida á nosa "Árbore das fermosas palabras".

Cada neno e nena, durante as diferentes sesións de Lingua, pensou nunha palabra propiamente galega, que lle gustase, tivese un son bonito, que fose orixinal... 

Despois de elixir a fermosa palabra, escribíase, con letras decorativas, dentro do debuxo dunha folla, coloreouse con cores vivos e alegres, recortouse a folla e, por último, colocouse na árbore. 

Así dámoslle vida á nosa árbore coa riqueza do vocabulario galego no que podemos atopar belezas como: agarimo, bolboreta, riquiño, golfiño, xeado, bico, ledicia...