Páxinas

08 marzo, 2022

SEMANA DA PRENSA + DIA DA MULLER - DÍA 2

Neste segundo día da Semana da Prensa, continuamos co traballo programado en todo o centro. 

Os máis pequeniños hoxe fixeron bolas de papel coas que exploraron e se divertiron un montón. 


Nas aulas de 2º de Educación Infantil tocou pintar cada un a sua folla de periódico para despois facer un gorro moi colorido.



Nas aulas de 3º de Educación Infantil hoxe tocou unha sesión de psicomotricidade na que traballaron o equilibrio. 




En 4º de Educación Infantil onte e hoxe estiveron recortando e pegando titulares e fotos do xornal. 



En 5º e 6º de Educación Infantil hoxe, entre outras moitas actividades, levaron a cabo as súas sesións de estimulación musical utilizando xornais.




En Educación Primaria, ademais de continuar cos traballos propios da Semana da Prensa, hoxe fíxose tamén mención ao Día da Muller, como non podía ser doutro xeito.







Por último, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria tiveron unha vídeochamada con Francisco García, un xornalista especializado no mundo dos vídeoxogos e que lles contou como se cubren as noticias deste tipo e en que consiste o seu traballo.