Unha das nosas actividades preferidas desta Semana de Animación á Lectora é o Apadriñamento Lector, o cal consiste en que un neno ou nena "maior" lle conte un pequeno conto a un neno ou nena "pequeno".
De forma orixinal, este apadriñamento sería en persoa, e os dous buscarían un recunchiño dentro do cole no que desfrutar xuntos dun ratiño de lectura xuntos.
Este ano, o COVID non nos da un respiro, e este tipo de actividades non se poden realizar como nos gustaría, pero sempre intentamos buscar o raio de luz dentro da tormenta, e por esa razón, o Equipo de Biblioteca decidiu que non podiamos esquecernos desta actividade na Semana da Lectura.
Deste xeito, propuxemos aos maiores de 4º e de 5º de Educación Primaria que gravasen un vídeo contando un conto clásico que despois sería compartido a través de Google Drive con cada afillado ou afillada.
Ademais, para que a promesa non quedase no aire, asinaron un contrato de apadriñamento, no que os padriños e madriñas se comprometían a contar un conto precioso e facelo o mellor posible, e os pequenos e pequenas se comprometín a escoitar con atención as fermosas historias que lles preparasen.
Asinando os contratos. |
Contratos expostos no corredor do colexio. |
Queremos agradecer o traballo dos maiores do cole, que ao longo destas dúas semanas traballaron moitísimo para que os seus contos fosen os mellores, sempre con moitas ganas e moita ilusión, e queremos ensinarvos as cariñas dos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º ao ver aos seus compañeiros contándolles as historias, personalizadas para eles e elas.
Compartiremos con vós algúns destes contos para que vexades a implicación e as ganas dos maiores, e tamén porque creemos que este tipo de experiencias son as que de verdade animan á lectura, creando nenos e nenas que están desexando chegar aos cursos de arriba para ser eles quenes conten contos aos demais.