Nesta Semana de Animación á Lectura, queremos contar tamén coa participación das familias, porque para nós sodes un pilar fundamental dentro da tarefa de fomentar a lectura nos máis pequenos.
Por esta razón, queremos propoñervos dúas actividades nas que esperamos que vos animedes a participar.
Por un lado está "FAI UNHA VERSIÓN DUN CONTO CLÁSICO". A nosa proposta aquí é que gravedes un vídeo contando un conto clásico ao que lle cambiedes o final. Trátase de facer unha nova versión dun conto clásico e sobre todo, que o pasedes ben en familia, desfrutando da lectura.
Por outra banda, propoñémosvos que vos sumedes á moda do "BOOKFACE", que non é máis que facer unha foto integrando o rostro ou corpo na portada dun libro. Deixámosvos un par de exemplos, sacados da internet, para que vexades en que consiste.