Páxinas

23 abril, 2021

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos no noso cole o Día do Libro, e ademais, damos por inaugurada a Semana de Animación á Lectura, que celebraremos nos vindeiros días. 

Para comenzar estes días con ganas e ilusión, o cole apareceu decorado coa temática dos Contos Clásicos, que serán o centro das nosas actividades estes días. Tanto os corredores de Educación Infantil como de Educación Primaria están preparados para introducir aos máis pequenos no mundo dos contos. 






Ademais, creamos recunchos con contos clásicos variados, para que os nenos e nenas poidan durante toda a semana dedicar os seus tempos de lectura a este tipo de temática, se así o desexan. 



Comezamos o día cunha vídeo chamada a todos os nenos e nenas de 2º ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria a través da cal falamos sobre o por que deste día, e tamén sobre como ler un libro de diferentes formas (algunhas un pouco locas...)









Finalmente, rematamos a chamada presentando o periódico que fixemos con motivo da Semana da Prensa. Queremos destacar que todo o colexio participou na súa elaboración, desde o profesorado, ao alumnado de 2º ciclo de Educación infantil e os primeiros cursos de Educación Primaria na redacción das noticias, ata os maiores do colexio de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, que utilizando a ferramenta de CANVA editaron as noticias e as compartiron cos profes, para que nós puidéramos xuntalas todas. 


Preme na imaxe para ver máis. 

Neste periódico temos diferentes seccións, como a local, que conta con noticias do noso día a día, nacional, con entrevistas feitas a diferentes persoas do noso territorio e tamén internacional, con entrevistas realizadas a persoas do extranxeiro nas clases de Inglés. 

Desde o Equipo de Biblioteca, queremos agradecer a todo o mundo que participou na elaboración do mesmo, porque todos e cada un de eles foron importantes para conseguir o resultado final. Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós facéndoo!