Celebramos un ano máis a Semana da Prensa entre o 10 e o 14 de marzo e traballamos nas aulas desde 0 anos ata 6º de primaria para achegar a prensa a todos os nenos e nenas da nosa escola.
Con actividades adaptadas a cada idade, variadas e diferentes, achegamos a prensa escrita, gráfica, radiofónica, audiovisual...
Deixamos por aquí algunas das actividades realizadas.
Por outra banda, tamén traballamos de forma específica na radio da biblioteca, xerando podcast e programadas de radio, e continuamos día a día traballando con este medio.