Páxinas

09 marzo, 2021

8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como cada ano, o 8 de marzo facemos especial fincapé na importancia da igualdade entre homes e mulleres. Aínda que sempre tratamos de resaltar que esta labor se debe facer todos os días do ano, e así o facemos, nesta ocasión dedicamos o día a desenvolver actividades variadas nos diferentes cursos de Educación Primaria. 

Desde o equipo de biblioteca se impulsaron unha serie de actividades que podedes coñecer con máis detalle nos distintos blogs de cada aula. 

En 1º e 2º de Educación Primaria reflexionaron sobre a importancia de ser libres para escoller aquelo que nos máis nos guste, sen importar o noso xénero. Ademais, tiveron a oportunidade de falar cunha Policía Nacional que lles contou moitas cosuas sobre o seu traballo. 


En 3º de Educación Primaria a reflexión foi relacionada coas tarefas da casa e quen as realiza habitualmente nos seus fogares, tamén enfocada á importancia da igualdade. 

Finalmente, en 4º e 5º de Educación Primaria levaron a cabo unha tarefa na que se tiñan que poñer na pel de diferentes persoas e analizar as oportunidades laborais que terían segundo os seus diferentes perfís. 



Sen dúbida un día diferente que esperamos que sirva de semente para os nosos pequenos e pequenas.