Nesta Semana da Prensa atopámonos inmersos nun conxunto de actividades variadas que teñen por obxectivo dar a coñecer este tipo de publicacións entre os máis pequenos.
Desde os pequenos de Educación Infantil ata os maiores do cole, todos tivemos hoxe un xornal nas nosas mans para poder realizar diferentes actividades con el.
No primeiro ciclo, os nenos e nenas da clase de Lucía fixeron pelotiñas de papel coas follas dos xornais e pasárono estupendamente explorando con este novo material!
Xogamos cos xornais e exploramos diferentes materiais. |
Na clase de 1 ano aproveitaron o tamaño das follas dos xonais para utilizalo como lenzo, e nel plasmaron con pintura todo o que lles apeteceu. Mirade que ben o pasan!
Exploramos coa pintura. |
Arte e periódicos. |
Os nenos e nenas de 2 anos tamén estiveron moi atareados xogando coas follas dos periódicos!
Fixeron a súa sesión de sicomotricidade por parellas utilizando a folla e despois unha clase de electromagnetismo cun globo e trociños de periódico!
Sesión de electromagnetismo. |
Exploramos coa prensa. |
Clase de psicomotricidade con xornais. |
No segundo ciclo de Educación Infantil tamén traballaron moito cos xoranis, con recunchos especiais da prensa e tempo dedicado á exploración cos periódicos!
Recuncho da prensa |