![]() |
| Contacontos na clase de Merchi. |
![]() |
| Contacontos en 4º de Educación Infantil. |
![]() |
| Contacontos en 1º de Educación Primaria en inglés. |
![]() |
| Contacontos na clase de Merchi. |
![]() |
| Contacontos en 4º de Educación Infantil. |
![]() |
| Contacontos en 1º de Educación Primaria en inglés. |
Con motivo do Día do Libro e desta Semana da Lectura que estamos a celebrar, a ANPA do noso cole pediunos ao Equipo de Biblioteca que ofrecésemos o noso punto de vista sobre a lectura nos nenos e nenas.
A través das nosas contestacións, tratamos de dar resposta a moitas das preguntas que xorden nas titorías coas familias, sobre o inicio da lectura e como acompañar aos peques neste proceso.
Deixámosvos aquí o enlace ao seu blog para que vexades a entrevista.
Queremos agradecer que contaran con nós para esta tarefa, e que fagan visible o noso traballo, que por outra banda, sempre apoian de forma incondicional.
Nesta Semana de Animación á Lectura, comezaremos cada día cun pequeno consello de lectura.
Deixámosvos aquí o consello do día de hoxe. Esperamos que o desfrutes e o poñades en práctica!
Nesta Semana de Animación á Lectura, queremos contar tamén coa participación das familias, porque para nós sodes un pilar fundamental dentro da tarefa de fomentar a lectura nos máis pequenos.
Por esta razón, queremos propoñervos dúas actividades nas que esperamos que vos animedes a participar.
Por un lado está "FAI UNHA VERSIÓN DUN CONTO CLÁSICO". A nosa proposta aquí é que gravedes un vídeo contando un conto clásico ao que lle cambiedes o final. Trátase de facer unha nova versión dun conto clásico e sobre todo, que o pasedes ben en familia, desfrutando da lectura.
Por outra banda, propoñémosvos que vos sumedes á moda do "BOOKFACE", que non é máis que facer unha foto integrando o rostro ou corpo na portada dun libro. Deixámosvos un par de exemplos, sacados da internet, para que vexades en que consiste.
Hoxe, 23 de abril, celebramos no noso cole o Día do Libro, e ademais, damos por inaugurada a Semana de Animación á Lectura, que celebraremos nos vindeiros días.
Para comenzar estes días con ganas e ilusión, o cole apareceu decorado coa temática dos Contos Clásicos, que serán o centro das nosas actividades estes días. Tanto os corredores de Educación Infantil como de Educación Primaria están preparados para introducir aos máis pequenos no mundo dos contos.
Ademais, creamos recunchos con contos clásicos variados, para que os nenos e nenas poidan durante toda a semana dedicar os seus tempos de lectura a este tipo de temática, se así o desexan.
Comezamos o día cunha vídeo chamada a todos os nenos e nenas de 2º ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria a través da cal falamos sobre o por que deste día, e tamén sobre como ler un libro de diferentes formas (algunhas un pouco locas...)
Finalmente, rematamos a chamada presentando o periódico que fixemos con motivo da Semana da Prensa. Queremos destacar que todo o colexio participou na súa elaboración, desde o profesorado, ao alumnado de 2º ciclo de Educación infantil e os primeiros cursos de Educación Primaria na redacción das noticias, ata os maiores do colexio de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, que utilizando a ferramenta de CANVA editaron as noticias e as compartiron cos profes, para que nós puidéramos xuntalas todas.
![]() |
| Preme na imaxe para ver máis. |
Neste periódico temos diferentes seccións, como a local, que conta con noticias do noso día a día, nacional, con entrevistas feitas a diferentes persoas do noso territorio e tamén internacional, con entrevistas realizadas a persoas do extranxeiro nas clases de Inglés.
Desde o Equipo de Biblioteca, queremos agradecer a todo o mundo que participou na elaboración do mesmo, porque todos e cada un de eles foron importantes para conseguir o resultado final. Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós facéndoo!
Hoxe comenzaron os proxectos do terceiro trimestre, e a biblioteca outra vez máis pon o seu gran de area aportando libros a cada aula relacionados co tema a traballar.
Os nosos peques agradécenos moito e esperan con ilusión a que o equipo de biblioteca entre na súa aula cos agasallos do trimestre.
Os nosos pequenos e pequenas a medida que avanza o curso están demostrando que son grandes lectores e lectoras.
A proba está nas numerosas reseñas que envían cada vez que rematan un libro.
Esta proposta do equipo de biblioteca está empezando a ter os seus froitos e por esta razón, os responsables de cada curso empezaron a repartir os diplomas de bos lectores. Deixámosvos algunhas fotos para que vexades aos súper lectores do noso cole.