21 marzo, 2022
A VOZ DO NENO
11 marzo, 2022
SEMANA DA PRENSA - DÍA 5
Remata esta Semana da Prensa 2022 con moito traballo e ilusión por parte de todo o equipo do cole.
Deixámosvos algunhas fotos e un vídeo de resumo de todo o acontecido, que por sorte, continuará con máis experiencias nas próximas semanas.
10 marzo, 2022
SEMANA DA PRENSA - DÍA 4
Continuamos coa Semana da Prensa. Os pequeniños de 1 ano estiveron buscando fotos de animais nos xornais, e tamén traballaron a motricidade fina rachando e pegando o papel.
Nas clases de 3º de Educación Infantil estiveron xogando con globos e papel, e desfrutaron da "maxia" do electromagnetismo.
09 marzo, 2022
SEMANA DA PRENSA - DÍA 3
Neste terceiro día da Semana da Prensa continuaron as actividades en todas as aulas do cole.
Os nenos e nenas de 3º de Educación Infantil hoxe convertéronse en xornalistas despois de atopar unha caixa chea de obxectos para poder levar a cabo a súa nova profesión!
No segundo ciclo de Educación Infantil, os nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Infantil traballaron psicomotricidade utilizando xornais.
Os de 5º e 6º tamén traballaron xornais e buscaron as letras propostas polas profes.
Os maiores de Educación Primaria traballaron a prensa dixital e empezaron a preparar as súas seccións para a próxima edición da Voz do Neno, o xornal de Casa do Neno.