Páxinas

02 outubro, 2023

PRÉSTAMO NA BIBLIO

Como cada curso iniciamos o préstamo de libros na biblioteca, cos axudantes de 6º que se ocupan de axudar aos seus compañeiros e compañeiras doutros cursos, e a xestionar os exemplares da nosa Nenoteca.

Moi pronto, este préstamo realizarase a través da plataforma KOHA, na que estamos rexistrando todos os exemplares que temos no centro.




11 setembro, 2023

XUNTOS EN CAMIÑO

Comeza un novo curso e con el unha chea de aventuras que nos quedan por vivir. 

Acompáñasnos neste novo camiño?

Feliz curso 2023 - 2024



21 xuño, 2023

Xuntos sumamos máis, o CD de Casa do Neno

Despois de tanto agardar... por fin o temos nas nosas mans! Xuntos sumamos máis é o título do novo CD de Casa do Neno, proxecto no cal as alumnas e alumnos de Educación Primaria do noso centro plasmaron todo o seu esforzo e ilusión no eido musical.

Agardamos que o desfrutedes!




30 maio, 2023

3, 2, 1... Gravamos!

Estes pasados días a Nenoteca mudou a súa decoración, converténdose nun pequeno espazo artístico no cal o alumnado de Educación Primaria de Casa do Neno plasmaron os seus coñecementos e o seu bo facer no eido da música a través dunhas gravacións.

En breves poderemos defrutar dun fantástico CD no cal se atoparán recompiladas unha selección de pezas musicais que con tanto esforzo e agarimo gravaron as nosas alumnas e alumnos.

Agardamos con ansia para escoitar o resultado!




16 maio, 2023

17 de maio, Día das Letras Galegas

O 17 de maio é unha data moi importante para todas as galegas e galegos, xa que se celebra o Día das Letras Galegas. Esta celebración foi instituída pola Real Academia Galega no ano 1963 co fin de homenaxear a aqueles persoeiros que destacasen pola súa creación literaria ou pola defensa da nosa prezada lingua. Nesta edición enaltécese a figura de Francisco Fernández del Riego, escritor e fundador da Editorial Galaxia. 

Dende a Nenoteca fomentamos diariamente a utilización do noso idioma como base fundamental da nosa cultura e, especialmente nestas datas, compartimos con todas as nosas alumnas e alumnos as novas incorporacións e recomendacións de lecturas na nosa lingua.





15 maio, 2023

15 de maio, Día Internacional da Familia

Hoxe, como cada quince de maio, conmemórase o Día Internacional da Familia. Este data foi proclamado pola ONU no ano 1993 co obxectivo de reinvidar a papel e os valores do núcleo máis importante da nosa sociedade: a familia.

Dende o equipo da Nenoteca sumámonos a esta celebrebración compartindo con todas e todos vós un excelente recurso para abordar esta temática.

Agardamos que o desfrutedes!


05 maio, 2023

Semana de animación á lectura

Hoxe rematamos unha das citas máis importantes da Nenoteca:  a Semana da animación á lectura. 
A principal finalidade desta iniciativa é alentar ás nosas alumnas e alumnos a que se mergullen no apaixoante mundo da lectura, o cal lles permitirá percorrer exóticos lugares e vivir milleiros de aventuras.


Durante o transcurso desta celebración, a cal comezou a mediados da pasada semana, levamos a cabo numerosas actividades entre as que podemos destacar os apadriñamentos lectores, a visita de numerosas familias para leeren coas nosas alumnas e alumnos, a elaboración de marcapáxinas personalizados, a escoita de contos musicados ou o descubrimento da relación existente entre a literatura e a música.