Neste último día de celebración, comenzamos de novo traballando as emocións a través da lectura.
Estes son os vídeos cos que traballamos en cada un dos niveis.
De novo, recibimos moita visitas no cole, e continuamos traballando cos libros, ensinando desde os primeiros cursos o valor da lectura e de coidar os libros coma un tesouro.
Na aula de bebés, escoitando un conto de animais.
Nas aulas de 1 ano, mirando libros e aprendendo a coidalos moito.
Nas clases de 2 anos visitaron a biblioteca do cole.
Na clase de 4º de Educación Infantil recibimos a visita das familias
O teacher Javi contou contos en inglés.
David, o papá de Marco e André, na clase de 6º de Educación Infantil.
Natalia, a mamá de Carlota, en 6º de Educación Infantil.
Carmen, a mamá de Nora, en 1º de Educación Primaria.
A profe Noelia, contando en 2º de Educación Primaria.
Pilar, a mamá de Mariña, Iago e Antonio, contando en 3º de Educación Primaria.
A profe Noelia contando en 4º de Educación Primaria.
Rematamos esta semana tamén coa visita de María Aboy Oubel, psicóloga e escritora, que compartiu con nós a importancia da lectura desde o punto de vista da neurociencia, e que deixou abraiados coa súa ponencia a maiores e pequenos.
Finalmente, queremos compartir con vós dúas novas mensaxes moi especiais que nos fixeron chegar Isabel Bugallo e Fina Casalderrey para os nenos e nenas de Casa do Neno.
Grazas a todos e todas as que facedes posible que no noso cole se poidan levar a cabo semanas tan bonitas como a que acabamos de vivir toda a comunidade de CASA DO NENO.
Hoxe continuamos co traballo de animación lectora e os vídeos cos que empezamos a mañá nos diferentes niveis son os seguintes.
De novo, tamén recibimos visitas das familias nalgunhas das clases.
A mamá de Mateo na clase de 1 ano.
A mamá de Iria na clase de 2 anos.
Familias na clase de 4º de Educación Infantil
A mamá de Lilou en 5º de Educación Infantil.
Rocío, a mamá de Arale, en 6º de Educación Infantil.
Marisol, a mamá de Julio, en 6º de Educación Infantil.
Bárbara e César, en 2º de Educación Primaria.
Olaia, en 1º de Educación Primaria.
Deixámosvos tamén fotos do día con actividades variadas, contacontos levados a cabo polos profes e novos vídeos animándonos a continuar coa lectura. Esperamos que vos gusten!
Empeza esta semana de celebración na que a través de diferentes actividades organizadas polo equipo da biblioteca, animamos aos nosos nenos e nenas a desfrutar do mundo da lectura.
Comezamos cada día cun pequeno conto no que traballamos algún tipo de emoción, sempre adaptados ás idades de cada nivel. Deixámosvos aquí os programados para o día de hoxe.
Tamén recibimos visitas das familias, que se animan a contar contos en cada clase.
Inés, na clase de 2 anos da profe Merchi.
Rober, en 2º de primaria.
Sisi, en 2º de primaria.
Adriana, en 2º de primaria.
Eva, en 3º de primaria.
Vanessa y María, en 6º de Educación Infantil.
Recibimos hoxe tamén unha bonita mensaxe da vicepresidenta do goberno de España, Yolanda Díaz, que anima aos nosos peques a ler cada día e a desfrutar coa lectura.
Deixámosvos por aquí algunha foto máis do día de hoxe, nas que os peques desfrutan das actividades programadas para todos eles.
Os peques de 2 anos escoitando o conto da mañá.
Na clase de 1 ano desfrutando do conto do día.
Na clase de 4º de Educación Infantil, empezando o día coa lectura.
En 6º de Educación Primaria, co conto da mañá.
En 6º de Educación Infantil.
En 2º de Educación Primaria, a profe Nerea tamén contou un conto.