Neste último día de celebración, comenzamos de novo traballando as emocións a través da lectura.
Estes son os vídeos cos que traballamos en cada un dos niveis.
De novo, recibimos moita visitas no cole, e continuamos traballando cos libros, ensinando desde os primeiros cursos o valor da lectura e de coidar os libros coma un tesouro.
Na aula de bebés, escoitando un conto de animais.
Nas aulas de 1 ano, mirando libros e aprendendo a coidalos moito.
Nas clases de 2 anos visitaron a biblioteca do cole.
Na clase de 4º de Educación Infantil recibimos a visita das familias
O teacher Javi contou contos en inglés.
David, o papá de Marco e André, na clase de 6º de Educación Infantil.
Natalia, a mamá de Carlota, en 6º de Educación Infantil.
Carmen, a mamá de Nora, en 1º de Educación Primaria.
A profe Noelia, contando en 2º de Educación Primaria.
Pilar, a mamá de Mariña, Iago e Antonio, contando en 3º de Educación Primaria.
A profe Noelia contando en 4º de Educación Primaria.
Rematamos esta semana tamén coa visita de María Aboy Oubel, psicóloga e escritora, que compartiu con nós a importancia da lectura desde o punto de vista da neurociencia, e que deixou abraiados coa súa ponencia a maiores e pequenos.
Finalmente, queremos compartir con vós dúas novas mensaxes moi especiais que nos fixeron chegar Isabel Bugallo e Fina Casalderrey para os nenos e nenas de Casa do Neno.
Grazas a todos e todas as que facedes posible que no noso cole se poidan levar a cabo semanas tan bonitas como a que acabamos de vivir toda a comunidade de CASA DO NENO.