Empeza esta semana de celebración na que a través de diferentes actividades organizadas polo equipo da biblioteca, animamos aos nosos nenos e nenas a desfrutar do mundo da lectura.
Comezamos cada día cun pequeno conto no que traballamos algún tipo de emoción, sempre adaptados ás idades de cada nivel. Deixámosvos aquí os programados para o día de hoxe.
Tamén recibimos visitas das familias, que se animan a contar contos en cada clase.
Inés, na clase de 2 anos da profe Merchi.
Rober, en 2º de primaria.
Sisi, en 2º de primaria.
Adriana, en 2º de primaria.
Eva, en 3º de primaria.
Vanessa y María, en 6º de Educación Infantil.
Recibimos hoxe tamén unha bonita mensaxe da vicepresidenta do goberno de España, Yolanda Díaz, que anima aos nosos peques a ler cada día e a desfrutar coa lectura.
Deixámosvos por aquí algunha foto máis do día de hoxe, nas que os peques desfrutan das actividades programadas para todos eles.
Os peques de 2 anos escoitando o conto da mañá.
Na clase de 1 ano desfrutando do conto do día.
Na clase de 4º de Educación Infantil, empezando o día coa lectura.
En 6º de Educación Primaria, co conto da mañá.
En 6º de Educación Infantil.
En 2º de Educación Primaria, a profe Nerea tamén contou un conto.