Páxinas

07 marzo, 2022

SEMANA DA PRENSA - DÍA 1

Hoxe, 7 de marzo, comenzamos a traballar no cole a Semana da Prensa. 


Son múltiples as actividades programadas desde o primeiro ciclo de Educación Infantil ata o último curso de Educación Primaria. 

Na etapa de Educación Infantil hoxe levaron a cabo múltiples actividades de exploración e manipulación. 

Na clase dos bebés deixaron as pegadas das súas mans en follas de periódico. 





En 2º de Educación Infantil traballaron a través dunha instalación de papeis de xornal a través da que os pequenos puideron explorar e xogar libremente. 







Os nenos e nenas de 3º de Educación Infantil atoparon as súas aulas cheas de papeis de xornal co que tamén xogaron, exploraron e se divertiron un montón!








No segundo ciclo de Educación Infantil tamén traballaron e xogaron coas follas de papel. Deixámosvos fotiños para que vexades o moito que se divertiron!




Na etapa de Educación Primaria comenzamos hoxe traballando as partes das noticas e as que forman o xornal, traballando con prensa real, que nos permite buscar e investigar sobre un formato real e os maiores introducíndose xa na dixital. 









25 febreiro, 2022

EDUCACIÓN VIAL E SOSTENIBILIDADE

Os cursos de 1º e 2º de Educación Primaria tiveron a sorte de poder traballar cun corredor activo no que os nenos e nenas aprenderon de forma sensorial os hábitos e comportamento orientados á mobilidade e sustentabilidade. 

Ademais, traballaron a orientación espacial á vez que continuamos incorporaron coñecementos de educación vial e sostenibilidade. 

Fixérono grazas a un tapete especial e un pequeno robot co que poideron asentar os contidos practicador co corredor activo.

Unha actividade sinxela e que nos gustou moito.






23 febreiro, 2022

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 23 de febreiro, lembramos a Rosalía no seu día. 

Desde o Equipo de Normalización Lingüística organizáronse diversas actividades que tiveron a Nenoteca como centro de operacións. 

Deixámosvos algunhas fotos e vídeos. 









30 xaneiro, 2022

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR

Un ano máis chega o 30 de Xaneiro e celebramos no cole o Día da Paz e a Non Violencia Escolar. 

Este ano caeu en domingo, polo que ao longo de toda a semana xa estivemos traballando sobre este día, e ao longo da próxima tamén haberá algunha actividade no resto de etapas. 

En Educación Infantil fixeron a ÁRBORE DA PAZ con corazóns e fotos e reflexionaron sobre a importancia deste día. 

https://casadoneno345anos.blogspot.com/

4º de Educación Infantil

5º de Educación Infantil

6º de Educación Infantil

Árbore da paz

En Educación Primaria cada clase traballou sobre un símbolo diferente da paz. Primeiro investigaron sobre a súa orixe e despois representáronos nun mural ou de xeito individual. Finalmente, puxéronse en común no corredor do colexio para que todos e todas poidamos aprender por que se usan ditos símbolos. 

En 1º de Educación Primaria, o símbolo de Paz e Amor. 




En 2º de Educación Primaria, a paloma da paz. 



En 3º de Educación Primaria traballaron as mans blancas. 


En 4º de Educación Primaria o arco da vella. 


En 5º de Educación Primaria, a pipa da paz. 


En 6º de Educación Primaria fixeron a grulla con papiroflexia e con elas decoramos todo o corredor. 





"Non hai camiño para a paz. A paz é o camiño."

Esperamos que esta frase nos acompañe todo o curso e non solo neste día especial. 




18 xaneiro, 2022

A NENOTECA NO SEGUNDO PROXECTO

En cada trimestre levamos a cabo un proxecto diferente en cada curso, e a Biblioteca do cole sempre intenta poñer da súa parte para que estes sexan o máis enriquecedores posibles. 

Neste segundo trimestre, de novo, o Equipo da Biblioteca buscou de novo exemplares para cada curso, que xa foron entregados para sumar á biblioteca de aula. 



Ademais, recibimos una Maleta Viaxeira do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, con numerosos libros relacionados co medio ambiente que nos axudan a completar os nosos proxectos de 2º, 4º e 6º de Educación Primaria.