Un ano máis chega o 30 de Xaneiro e celebramos no cole o Día da Paz e a Non Violencia Escolar.
Este ano caeu en domingo, polo que ao longo de toda a semana xa estivemos traballando sobre este día, e ao longo da próxima tamén haberá algunha actividade no resto de etapas.
En Educación Infantil fixeron a ÁRBORE DA PAZ con corazóns e fotos e reflexionaron sobre a importancia deste día.
https://casadoneno345anos.blogspot.com/
4º de Educación Infantil |
5º de Educación Infantil |
6º de Educación Infantil |
Árbore da paz |
En Educación Primaria cada clase traballou sobre un símbolo diferente da paz. Primeiro investigaron sobre a súa orixe e despois representáronos nun mural ou de xeito individual. Finalmente, puxéronse en común no corredor do colexio para que todos e todas poidamos aprender por que se usan ditos símbolos.
En 1º de Educación Primaria, o símbolo de Paz e Amor.
En 2º de Educación Primaria, a paloma da paz.
En 3º de Educación Primaria traballaron as mans blancas.
En 4º de Educación Primaria o arco da vella.
En 5º de Educación Primaria, a pipa da paz.
En 6º de Educación Primaria fixeron a grulla con papiroflexia e con elas decoramos todo o corredor.
"Non hai camiño para a paz. A paz é o camiño."
Esperamos que esta frase nos acompañe todo o curso e non solo neste día especial.