Páxinas

09 marzo, 2021

SEMANA DA PRENSA EN EDUCACIÓN PRIMARIA (1)

Os maiores do cole tamén estiveron inmersos en actividades variadas relacionadas coa prensa.

Por un lado, puideron analizar as súas partes, desde a portada ata as diversas seccións que o compoñen, a maioría descoñecidas para eles. 

Alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria.

1º de Educación Primaria.

Por outro lado, e adaptando a actividade a cada idade, analizaron as partes dunha noticia: o titular, entradilla, o corpo da noticia, pés de páxina...

Alumnos e alumnas de clase de 2º de Educación Primaria.

Alumnos e alumnas de clase de 2º de Educación Primaria.


Alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria.

Alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria.

Alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria.

As partes da noticia.



SEMANA DA PRENSA EN EDUCACIÓN INFANTIL (1)

Nesta Semana da Prensa atopámonos inmersos nun conxunto de actividades variadas que teñen por obxectivo dar a coñecer este tipo de publicacións entre os máis pequenos. 

Desde os pequenos de Educación Infantil ata os maiores do cole, todos tivemos hoxe un xornal nas nosas mans para poder realizar diferentes actividades con el. 

No primeiro ciclo, os nenos e nenas da clase de Lucía fixeron pelotiñas de papel coas follas dos xornais e pasárono estupendamente explorando con este novo material!

Xogamos cos xornais e exploramos diferentes materiais.

Na clase de 1 ano aproveitaron o tamaño das follas dos xonais para utilizalo como lenzo, e nel plasmaron con pintura todo o que lles apeteceu. Mirade que ben o pasan!

Exploramos coa pintura.

Arte e periódicos.

Os nenos e nenas de 2 anos tamén estiveron moi atareados xogando coas follas dos periódicos!
Fixeron a súa sesión de sicomotricidade por parellas utilizando a folla e despois unha clase de electromagnetismo cun globo e trociños de periódico!

Sesión de electromagnetismo.

Exploramos coa prensa.

Clase de psicomotricidade con xornais.


No segundo ciclo de Educación Infantil tamén traballaron moito cos xoranis, con recunchos especiais da prensa e tempo dedicado á exploración cos periódicos!

Recuncho da prensa










8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como cada ano, o 8 de marzo facemos especial fincapé na importancia da igualdade entre homes e mulleres. Aínda que sempre tratamos de resaltar que esta labor se debe facer todos os días do ano, e así o facemos, nesta ocasión dedicamos o día a desenvolver actividades variadas nos diferentes cursos de Educación Primaria. 

Desde o equipo de biblioteca se impulsaron unha serie de actividades que podedes coñecer con máis detalle nos distintos blogs de cada aula. 

En 1º e 2º de Educación Primaria reflexionaron sobre a importancia de ser libres para escoller aquelo que nos máis nos guste, sen importar o noso xénero. Ademais, tiveron a oportunidade de falar cunha Policía Nacional que lles contou moitas cosuas sobre o seu traballo. 


En 3º de Educación Primaria a reflexión foi relacionada coas tarefas da casa e quen as realiza habitualmente nos seus fogares, tamén enfocada á importancia da igualdade. 

Finalmente, en 4º e 5º de Educación Primaria levaron a cabo unha tarefa na que se tiñan que poñer na pel de diferentes persoas e analizar as oportunidades laborais que terían segundo os seus diferentes perfís. 



Sen dúbida un día diferente que esperamos que sirva de semente para os nosos pequenos e pequenas.

25 febreiro, 2021

O RECUNCHO DOS LIBROS MÁXICOS

Hoxe estrenamos un novo recuncho na nosa Nenoteca. 

Trátase dun espazo no que o equipo de biblioteca fará recomendacións cada mes. 

Nesta ocasión os títulos escollidos teñen como protagonistas nenas ou mulleres, facéndoo coincidir co Día da Muller que pronto imos celebrar. 



21 febreiro, 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE ADULTOS

Os nosos pequenos fixéronnos a seguinte pregunta: Por que os profes non subides reseñas? E os nosos pais e nais non poden compartir as súas lecturas?

Pareceunos unha reflexión moi acertada e por esa razón abrimos un novo espazo no noso blog para que vós, todos e todas as nais e pais, avós e avoas, tíos e tías, e en definitiva, toda a comunidade educativa de Casa do Neno, que tan fielmente nos seguides nas redes, poidades compartir as vosas lecturas e deste xeito crear unha comunidade lectora máis ampla. 

O proceso é semellante ao que fan os nosos pequenos e pequenas:

PASO 1: Acceder a través do seguinte enlace. RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE ADULTOS

PASO 2: Cubrir os datos do libro.

PASO 3: Pulsar en ¡TERMINADO!

PASO 4: Cubrir os vosos datos e enviar. 

Despois, o equipo de biblioteca subirá a vosa reseña ao blog para que outras persoas se poidan beneficiar dela. 

Deste xeito, tamén os adultos podemos desfrutar desta iniciativa lectora e ademais damos exemplo aos nosos pequenos. 

Anímate a participar!




20 febreiro, 2021

PRÉSTAMO NA BIBLIO

Como xa sabedes este ano a nosa biblioteca está facendo un esforzo grande para ser máis dinámica e entrar na vida escolar con máis forza. 

Por esta razón, nas últimas semanas comenzamos a realizar o préstamo de libros, de momento para dentro do cole, e dentro de moi pouco tamén para levar a casa. 

Para realizar esta tarefa os profesores contan coa axuda dunha serie de voluntarios e voluntarias de 4º e 5º de Educación Primaria que de xeito altruista dedican o seu tempo de recreo a axudar ao resto de compañeiros na tarefa de buscar libro, rexistran os préstamos, ocúpanse de manter a biblioteca ordenada e de catalogar os libros. 










30 xaneiro, 2021

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Ao longo de toda esta semana tanto na etapa de Educación Infantil como na de Educación Primaria, traballamos o Día Escolar na Non Violencia e da Paz. 

Os máis pequenos fixeron actividades moi variadas relacionadas coa literatura e o arte para transmitir aos máis pequenos os valores de paz, igualdade e tolerancia, dos que falamos a diario, e neste día nos centramos un pouquiño máis. 

Na etapa de Educación Primaria traballouse a partir da idea do virus da violencia e partindo desta idea nos diferentes cursos creouse unha vacina para combatelo. 

Deixámosvos o enlace a dous pequenos vídeos que resumen todo o traballo desta bonita semana que intentaremos que siga presente o resto do curso.