Páxinas

18 maio, 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Con motivo da celebración das Letras Galegas, ao longo destas semanas foron múltiples as actividades levadas a cabo polo Equipo de Normalización Lingüística do cole. 

Visitas variadas ao Museo do Pobo Galego e ao Panteón de Galegos Ilustres, por parte de diferentes cursos. 


Ademais, recibimos a visita do escritor Ramón Blanco que contou contos aos máis pequenos e que falou sobre a súa traxectoria profesional aos maiores. 

Con Ramón Blanco tras coñecer a súa traxectoria. 

Recibimos tamén a Carlos García, creador da iniciativa do Twitter en galego que explicou aos nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria todo o traballo que realizaron para que a grande empresa se dese conta da importancia do galego na aplicación. 


Un concerto de música por parte dos alumnos e alumnas de 3º de primaria e outros maiores que tocan instrumentos e que quixeron preparar unhas pezas para tocar todos xuntos e celebrar este día. 

Sen dúbida, unha programación variada e chea de actividades que nos axudou a celebrar este día e festexar a sorte da nosa lingua. 

Deixámosvos aquí un vídeo que prepararon na clase de Lingua Galega os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria.