Páxinas

16 maio, 2022

DÍA DA FAMILIA 2022

Celebramos o Día da Familia en todo o cole, desde os pequeniños do primeiro ciclo ata os maiores de primaria, cada uns coas súas actividades específicas. 

Os pequenos de dous anos fixeron unha pequena manualidade para levarlle á súa familia. 



No segundo ciclo de Educación Infantil e ata 4º de Educación Primaria os nenos e nenas trouxeron fotos das súas familias que despois compartiron cos compañeiros da súa clase, e a través delas comentamos as diferenzas que hai entre as distintas familias. 








Os maiores de 5º e 6º de Educación Primaria traballaron co proxecto da Escola do Benquerer, da Fundación Meniños, co que levan traballando todo o curso, e a través del profundizaron sobre os diferentes tipos de familias que pode haber.