30 xaneiro, 2021
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
28 xaneiro, 2021
FOMENTO DA LECTURA
Co inicio deste trimestre comenzamos unha nova rutina de motivación lectora entre todo o alumnado de Educación Primaria.
Desde o equipo de biblioteca propuxemos un novo sistema de control e motivación da lectura, a través da realización de pequenas reseñas dos libros que os nosos alumnos e alumnas leen.
Ditas reseñas serán publicadas nun novo espazo do noso blog que podedes visitar na parte superior do mesmo, no que atoparán as recomendacións lectoras que os seus propios compañeiros fan dos libros que leen.
Ademais os profesores terán en conta o esforzo e dedicación con respecto á lectura e premiarán con diferentes diplomas segundo o número de lecturas realizadas desde este momento e ata o final do curso.
Deste xeito buscamos xerar o hábito de lectura entre os nosos rapaces, á vez que ofrecemos recomendacións de libros entre iguais, e premiamos a aqueles que se esforzan e teñen un bo hábito lector.
Esperamos que este novo recunchiño da nosa biblioteca vos guste tanto coma a nós!
25 xaneiro, 2021
NOVOS PROXECTOS
Co comezo dos novos proxectos a biblioteca volve outra vez a deixar a súa pegada nas aulas, de novo facendo préstamos de libros relacionados cos mesmos.
Hoxe mesmo realizamos o reparto polas aulas e os pequenos xa teñen á súa disposición todos os fondos que había na biblioteca e que teñen que ver co tema están estudando.
30 novembro, 2020
CIENCIA NA BIBLIO 2
27 novembro, 2020
CIENCIA NA BIBLIO 1
Os peques de 1º e 2º de Educación Primaria xa pasaron pola biblio neste mes da ciencia nas bibliotecas.
Con eles fixemos un experimento moi divertido que seguro xa están facendo todos nas súas casas!
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasaron!
21 novembro, 2020
SEN OUTONO...
A estación do outono en Galicia é moi rica, non só en produtos do campo, senón tamén en refráns e adiviñas, ademais de celebrarse unha das festas máis típicas e tradicionais, o Magosto!
Por iso propúxoselles aos nenos e nenas de primaria que participasen nun xogo moi especial, no que, cada día, aparecía un refrán (incompleto) ou unha adiviña, nun lugar do corredor do colexio e ao longo da xornada escolar tiñan que investigar a parte que faltaba, no caso de ser un refrán, ou acertar coa adiviña.
Cada día, tivemos un representante de cada curso que acertou a adiviña ou o refrán e así de contentos, a pesares das mascarillas, saíron nas fotos desta semana.


















