Páxinas

29 abril, 2021

OS CONTOS CLÁSICOS AXÚDANOS A PENSAR

Os contos clásicos son o centro da nosa Semana de Animación á Lectura deste ano, e sobre eles están xirando todas as actividades realizadas. 

Ademais de recordar estas historias, historias de sempre, que todos e todas coñecemos, nos cursos de 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria quixemos ir un pouquiño máis alá e facer pensar aos nosos pequenos e pequenas. 

En Educación Infantil o conto que traballamos foi o "Os tres porquiños" e tras lembrar o orixinal, tamén traballamos outra contraversión na que o lobo non era tan malo e o único que quería era acercarse aos porquiños para invitalos a unha festa... 

Porque ás veces, o lobo non é tan malo, e en todas as historias sempre hai dous puntos de vista...


Soplando como lobos.


En 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, o conto que traballamos foi o de "Carrapuchiña Vermella" e tras lembrar o orixinal, volvemos falar sobre os diferentes puntos de vista coa lectura da contraversión "El lobo de los cuentos"





En 4º e 5º de Educación Primaria lembraron "O patiño feo" e despois conversaron sobre a súa vida tras converterse nun precioso cisne. A presión social sobre o físico, os seguidores que acosan cando eres demasiado coñecido... 

Toda esta historia que leron no libro "El patito feo y sus fieles seguidores" e que lles axudou a reflexionar sobre moitos temas que empezan a preocuparlles como o seu físico, o que pensen os demais deles, como isto lles afecta... 

CONSELLO DE LECTURA NÚMERO 4

Hoxe presentamos o cuarto consello desta semana. 

Esperamos que o desfrutedes!




28 abril, 2021

UN MÉRCORES DE FANTASÍA E FANTÁSTICO

Continuamos traballando duro nesta semana tan especial, e coma sempre empezamos o día co Consello de Lectura, que nesta ocasión nos anima a imitar aos maiores que temos ao noso arredor e seguir o seu exemplo. 

O día continuou con actividades moi variadas en todos os cursos do cole. 

Os pequeniños da aula de bebés tamén participan nesta Semana de Animación á Lectura, e realizaron uns preciosos marcapáxinas. 


 
Aula dos pequeniños da clase da profe Lucía con contos adaptados a súa idade.

No primeiro ciclo de Educación Infantil realizaron múltiples actividades. En algunhas clases puideron elexir contos e miralos con tranquilidade e noutras traballaron os personaxes do conto de Carrapuchiña Vermella e se disfrazaron coma eles e xogaron con marionetas!

Xogando coas marionetas.

Disfrutando dos contos.

Xogando cos disfraces. 


No segundo ciclo de Educación Infantil hoxe tocou sesión de contacontos en Lingua Galega, coa profe Marina que lles fixo pasar un rato moi divertido.

Contacontos en Lingua Galega en 5º de Eduación Infantil. 

Contacontos en Lingua Galega en 4º de Educación Infantil. 

Contacontos en Lingua Galega en 6º de Educación Infantil. 

Os maiores do cole tamén tiveron moitas sorpresas hoxe con diferentes contacontos moi variados e divertidos que pasaron por todas as aulas. 
Preme aquí para ver máis fotos. 

Belén en 1º de Educación Primaria. 

A profe Antía en 5º de Educación Primaria.

O profe Toño en 1º de Educación Primaria. 

Belén en 2º de Educación Primaria.

A profe Cris en 2º de Eduación Primaria. 


O profe Toño en 3º de Educación Primaria

A teacher Nerea en 4º de Educación Primaria. 

A teacher Iria en 3º de Educación Primaria

CONSELLO DE LECTURA NÚMERO 3

 Hoxe traemos un consello moi importante!

Abride ben os ollos!




27 abril, 2021

CONTACONTOS NO PRIMEIRO CICLO

Queremos compartir con vós unha pequena sesión de contacontos realizada hoxe no primeiro ciclo de Educación Infantil, na clase da profe Merchi. 

A teacher Judith, con moito cariño contoulles aos pequenos un conto en inglés. Solo por ver as súas cariñas de ilusión e o atentos que estaban xa merece a pena premer no enlace. 

Esperamos que o desfrutedes!




UN NOVO DÍA NO PAÍS DOS CONTOS...

Hoxe continuamos traballando moi duro dentro desta Semana da Lectura. Empezamos de novo cun novo consello da man de Doña Alegría, e desfrutamos moito de todo o que nos contou. 


Escoitando os consellos en primeiro ciclo de Educación Infantil.


En segundo ciclo de Educación Infantil.

Atentos en Educación Primaria.

Continuamos o día con múltiples contacontos nas tres linguas do colexio, da man dos profes que con toda a súa ilusión elixiron múltiples contos e técnicas para chegar a todos os peques. 

Deixámosvos aquí algunhas fotos para que vexades o ben que o están a pasar nas súas clases os nosos alumnos e alumnas. 

Contacontos na clase de 1 ano co profe Sergio.

Contacontos en inglés co teacher Javi en 6º de Educación Infantil.

Contacontos nunha aula de 2 anos coa profe Pili.

Contacontos en 4º de Educación Infantil. 

Contacontos nunha aula de 2 anos, en inglés, coa profe Judith.

Contacontos coa profe María. 

Contacontos en Lingua Galega coa profe Cris.




Se queres ver máis fotos da Semana da Lectura preme aquí. 

CONSELLO DE LECTURA NÚMERO 2

Deixámosvos por aquí o segundo consello desta semana. 

Prestade moita atención!